A BICICLETA VERDE ARABIA SAUDITA, 2012 Dirección e guión: Haifaa Al-Mansour. Intérpretes: Reem Abdullah, Waad Mohammed, Abdullrahman Algohani, Sultan Al Assaf, Ahd Kamel. Duración: 98 min. 2013: Premios BAFTA: Candidata á Mellor película de fala non inglesa 2013: Independent Spirit Awards: Candidata á Mellor ópera prima 2013: Satellite Awards: Candidataa á Mellor película estranxeira 2013: National Board of Review (NBR): Premio á liberdade de expresión COMENTARIO de Mirito Torreiro Nun momento desta primeira película árabe-saudita dirixida por unha muller, a nena Wadjda mira a árbore xenealóxica da súa familia. Só hai nomes masculinos: non hai espazo para eses seres inferiores que son as mulleres. Sen dicirllo a ninguén, crava cunha pinza do pelo o seu nome escrito nun papel debaixo mesmo do nome do seu pai: non está disposta a ser deixada de lado en nada, menos aínda nunha árbore xenealóxica. Esta anécdota vale por todo o filme: A bicicleta verde é xustam...