Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 30 de novembro

O ilusionista (L'illusionniste) Francia, Reino Unido, 2010 Dirección: Sylvain Chomet Intérpretes: Jean-Claude Donda, Eilidh Rankin, Duncan MacNeil, Raymond Mearns, James T. Muir, Tom Urie, Paul Bandey Guion: Sylvain Chomet, Jacques Tati Música: Isobel Griffiths, Terry Davies Duración: 80 minutos A finais dos anos cincuenta, unha revolución axita o universo do music-hall: o gran éxito do rock xera novos astros que atraen ao xentío, mentres que os números tradicionais do espectáculo (acróbatas, malabaristas, ventrílocuos) considéranse pasados de moda. O noso heroe, o ilusionista, pertence á nómina dos artistas en vías de extinción. Cada vez é máis raro que o contraten para facer os seus shows, e ten que deixar as grandes salas parisienses para probar sorte nos escenarios londinienses. Pero a situación é a mesma no Reino Unido... polo que terá que resignarse a actuar en lugares de escasa envergadura. Nun pobo da costa de Escocia coñecerá a unha nena orfa...

Proxección do 9 de novembro

MILAGRO KISEKI Dirección e guión: Hirokazu Kore-eda. Intérpretes: Koki Maeda (Koichi Osako), Ohshirô Maeda (Ryunosuke), Meniño Ohtsuka (Nozomi), Joe Odagiri (Kenji), Kirin Kiki (Hideko), Isao Hashizume (Shukichi), Yui Natsukawa (Kyoto), Masami Nagasawa (Srta. Sachi), Yoshio Harada (Wataru), Hiroshi Abe (Sr. Mamoru). Fotografía: Yutaka Yamazaki. Montaxe: Hirokazu Kore-eda. Música: Quruli. Duración: 126 min. SINOPSE   A historia de Kiseki xira ao redor da vida de dous nenos, fillos dunha parella nova divorciada. O máis vello dos irmáns, Koichi, vive coa súa nai e os seus avós en Fukuoka mentres que o pequeno, Ryunosuke, quedou co seu pai en Kagoshima. Pasaron seis meses separados e Koichi só pensa en que os seus pais se reconcilien, en que a familia volva estar unida. Nada parece indicar que tal cousa poida chegar a producirse, os adultos non parecen botarse de menos, mesmo Ryunosuke o ve complicado, pero el non perde a esperanza.  Un día Koichi oe un ...

Que din de Kiseki?

O xaponés Hirokazu Kore-eda é un dos mellores autores contemporáneos de melodramas familiares. Xa sexa en películas dolorosamente tráxicas, en frescos de calado nostálxico ou nun filme tan xovial como o que nos ocupa (ollo, xovial pero non superficial), distínguese pola extraordinaria lucidez e a suma sensibilidade coas que se refire aos lazos consanguíneos... ...En 'Kiseki (Milagre)', un marabilloso cómic en movemento --e deliciosamente pop-- sobre as tretas de dous irmáns pequenos para volver unir aos seus pais separados, o director explora esas relacións desde o inocente pero lúcida mirada dun neno. Nunha película na que reincide no detalle que distingue a súa obra, no seu don para describir aos personaxes mediante os obxectos que compoñen o seu imaxinario, e onde serve un humor minimalista tan desternillante como cálido, Kore-eda capta a perfecta mestura de desconcerto, curiosidade e alegría (que ben senta ese optimismo) coa que un crío descobre o mundo. (Desirée...

Un adianto de Kiseki

Ofrecémosvos un pequeno adianto de Kiseki a próxima película que poderemos ver no Auditorio Municipal o vindeiro venres 9 de novembro.

Proxección do 26 de outubro

AS NEVES DO KILIMANJARO   (Les neiges du Kilimanjaro) Espiga de ouro na Seminci de Valladolid  Premio do Público (Seminci de Valladolid) FRANCIA, 2011 - V.O.S.E. Dirección: Robert Guédiguian. Intérpretes: Ariane Ascaride (Marie-Claire), Jean-Pierre Darroussin (Michel), Gérard Meylan (Raoul), Marilyne Canto (Denise), Grégoire Leprince-Ringuet (Christophe), Anaïs Demoustier (Flo), Adrien Jolivet (Cilles).   Guión: Robert Guédiguian e Jean-Louis Milesi; inspirado no poema “A xente pobre”, de Victor Hugo. Fotografía: Pierre Milon. Montaxe: Bernard Sasia. Vestiario: Juliette Chanaud. Duración: 107 min. SINOPSE A pesar de quedar sen traballo, Michel é feliz con Marie-Claire. Hai 30 anos que se aman. Os seus fillos e os seus netos mímanos. Teñen moi bos amigos. Séntense orgullosos das súas loitas políticas e sindicais. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero a súa felicidade romperase cando dous homes armados e enmascarados os ag...

Trailer de "As neves do Kilimanjaro"

Trailer da magnífica pelñicula dun director que representa a visión máis solidaria dos últimos anos, un cine que non cala e aporta unha visión crítica e esperanzada da situación actual.

Proxección 12 de outubro

ARRUGAS 21 horas no Auditorio Municipal Gañadora de 5 premios Mestre Mateo Goya á película de animación Goya mellor guión adaptado Ańima 2012 Audienche choice Mellor película animación Festival de Stutgart Mellor pelicula europea de animación (Best European Cartoon Movie) Dirección: Ignacio Ferreras. Guión: Angel de la Cruz, Paco Roca, Ignacio Ferreras e Rosanna Cecchini; baseado no cómic Arrugas, de Paco Roca. Fotografía: David Cubero.. Música: Nani García. Produción: Manuel Cristóbal, Enrique Aguirrezabala e Oriol Ivern. Duración: 85 min. “ARRUGAS” é unha película de animación para un público adulto baseado no cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de Alzheimer, será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o temido piso dos as...