Ir al contenido principal

Entradas

O cine que vai chegar

Estamos preparando a programación do vindeiro semestre que vai comezar o 12 de febreiro. Como vén ocorrendo nos últimos trinta anos, seguimos nas mesmas condicións que ata o de agora. Sen o equipamento prometido (Data límite o 31 de decembro), pero xa estamos afeitos. Que nos espera de aquí ao mes de xuño? Aínda que a programación non está totalmente confirmada, os cambios cremos que van ser poucos. 12 de febreiro - O ano em que meus pais saíram de férias de Cao Hamburger 26 de febreiro - Cruzando a ponte, os sons de Estambul (Crossing the bridge, the Sounds of Istambul) de Fatih Akin 5 de marzo - A cuestión humana (La question humaine) de Nicholas Klotz 12 de marzo - Amazing Grace de Michael Apted 9 de abril - S oños de mocedade de Jan Sverák 30 de abril - A caixa de Pandora de Yesim Ostaoglu 14 de maio - Un conte de Noël de Annaud Desplechin 28 de maio - Liverpool de Lisandro Alonso 18 de xuño - Yuki e Nina de Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot 11 de xuño (...

Proxección do 11 de decembro

The visitor Dirección: Tom McCarthy Guión: Tom McCarthy Reparto: Richard Jenkins, Haaz Sleiman, Danai Jekesai Gurira, Hiam Abbass, Marian Seldes, Maggie Moore, Michael Cumpsy, Bill McHenry, Richard Kind Montaxe: Tom McArdle Música: Jan A.P. Kaczmarek Duración: 108 min. SINOPSE Walter Vale, de sesenta e dous anos, camiña como sonámbulo pola súa propia vida. Perdida a súa paixón por ensinar e escribir, enche o seu baleiro existencial tentando infructuosamente aprender a tocar o piano clásico. Cando a súa Universidade o envía a Manhattan para asistir a unha conferencia, Walter queda sorprendido ao descubrir que unha parella nova se instalou no seu apartamento. Vítimas dunha estafa inmobiliaria, Tarek, de nacionalidade siria, e Zainab, a súa noiva senegalesa, non teñen onde ir. Na primeira dunha serie de probas para o seu corazón, Walter permite de mala gana que a parella quede con el. Durante os seguintes dias, desenvólvese lentamente unha amizade entre ...

Trailer da próxima película

The visitor é a última obra do autor daquela película que moitos de vós lembraredes, Vías cruzadas (The station agent), unha historia chea de personaxes estraños e solitarios que se densenrolaba nunha vella estación de tren abandonada nun lugar remoto dos Estados Unidos. Aquí vos queda o trailer de esta, The visitor, para que vaiades picando algo da última película deste ciclo. Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que podedes facer as vosas propostas de títulos para o vindeiro ciclo a cineclubcangas@gmail.com.

Proxección do 27 de novembro

Dirección, guión e montaxe: Hirokazu Kore-Eda. Intérpretes: Abe Hiroshi(Ryota Yokoyama ), Natsukawa Yui (Yukari Yokoyama ), You (Chinami Kataoka ) Takahashi Kazuya (Nobuo Kataoka ), Tanaka Shohei (Atsushi Yokoyama ), Nomoto Hotaru (Satsuki Kataoka ), Hayashi Ryoga (Mutsu Kataoka ) Música: Kojun Saitô. Produción: Yoshihiro Kato e Hijiri Taguchi. Fotografía: Yutaka Yamazaki. Duración: 108 min. SINOPSE Unha historia familiar que transcorre nun só día. Un fillo e unha filla adultos volven despois dalgún tempo á casa cos seus propios fillos para visitar os seus pais na casa na que viven desde hai décadas. Reúnense para conmemorar a tráxica morte do fillo máis vello, que se afogou hai quince anos. A casa segue sendo tan cómoda e espazosa coma antes; a comida que preparou a nai, tan boa como antes, pero todos cambiaron sutilmente. Esta é unha típica familia desestructurada, unida polo agarimo, o resentimento e os segredos. Facendo gala dun delicado equilibrio entre o humor e a t...

Trailer de Camiñando

Queridos amigos, despois da fermosa película de Ozu que puidemos ver o pasado venres, imos ir abrindo boca para a próxima proxección, outra película xaponesa, moderna esta, con este trailer que a distribuidora Golem ten colagado en youtube. Do mesmo director, Kore-Eda , xa proxectamos algunhas películas como Hana que se atopa entre as máis interesantes da súa carreira como realizador. Pero non deixedes de ver, se tendes oportunidade, Ninguén Sabe , outro dos títulos destacados xunto con Maborosi .

Proxección 13 novembro

CONTOS DE TOKIO Dirección e guión: Yasujiro Ozu. Intérpretes: Chishu Ryu (Shukishi Hirayama), Chieko Higashiyama (Tomi Hirayama), Haruko Sugimura (Shige Kaneko), Setsuko Hara (Noriko), Kuniko Miyake (Fumiko), Kyôko Kagawa (Kyoko), Eijirô Ton (Sanpei Numata), Nobuo Nakamura (Kurazo Kaneko). Guión: Kôgo Noda e Yasujiro Ozu. Música: Kojun Saitô. Produción: Takeshi Yamamoto. Fotografía: Yuharu Atsuta. Vestiario: Taizo Saito. Duración: 136 min. SINOPSE Unha parella de anciáns campesiños viaxa a Tokio para visitar aos seus fillos, quen levan anos vivindo na capital. Ningún deles ten tempo para atender aos seus pais, polo que deciden envialos a un balneario. Ao regresar do ruidoso lugar, a nai pasa unha noite en casa da súa nora, viúva dun fillo falecido hai algún tempo. A diferenza dos seus cuñados, Noriko mostra afecto polos seus sogros e conforta á anciá. Os acontecementos precipítanse cando, no tren de regreso a casa, a anciá se enferma e o ...