Ir al contenido principal

Proxección do 27 de novembro



Dirección, guión e montaxe: Hirokazu Kore-Eda.
Intérpretes: Abe Hiroshi(Ryota Yokoyama ), Natsukawa Yui (Yukari Yokoyama ), You (Chinami Kataoka ) Takahashi Kazuya (Nobuo Kataoka ), Tanaka Shohei (Atsushi Yokoyama ), Nomoto Hotaru (Satsuki Kataoka ), Hayashi Ryoga (Mutsu Kataoka )
Música: Kojun Saitô.
Produción: Yoshihiro Kato e Hijiri Taguchi.
Fotografía: Yutaka Yamazaki.
Duración: 108 min.

SINOPSE

Unha historia familiar que transcorre nun só día. Un fillo e unha filla adultos volven despois dalgún tempo á casa cos seus propios fillos para visitar os seus pais na casa na que viven desde hai décadas. Reúnense para conmemorar a tráxica morte do fillo máis vello, que se afogou hai quince anos. A casa segue sendo tan cómoda e espazosa coma antes; a comida que preparou a nai, tan boa como antes, pero todos cambiaron sutilmente. Esta é unha típica familia desestructurada, unida polo agarimo, o resentimento e os segredos. Facendo gala dun delicado equilibrio entre o humor e a tristeza, Kore-eda mostra o pesada e importante que pode ser unha familia.

Comentarios