O ilusionista (L'illusionniste) Francia, Reino Unido, 2010 Dirección: Sylvain Chomet Intérpretes: Jean-Claude Donda, Eilidh Rankin, Duncan MacNeil, Raymond Mearns, James T. Muir, Tom Urie, Paul Bandey Guion: Sylvain Chomet, Jacques Tati Música: Isobel Griffiths, Terry Davies Duración: 80 minutos A finais dos anos cincuenta, unha revolución axita o universo do music-hall: o gran éxito do rock xera novos astros que atraen ao xentío, mentres que os números tradicionais do espectáculo (acróbatas, malabaristas, ventrílocuos) considéranse pasados de moda. O noso heroe, o ilusionista, pertence á nómina dos artistas en vías de extinción. Cada vez é máis raro que o contraten para facer os seus shows, e ten que deixar as grandes salas parisienses para probar sorte nos escenarios londinienses. Pero a situación é a mesma no Reino Unido... polo que terá que resignarse a actuar en lugares de escasa envergadura. Nun pobo da costa de Escocia coñecerá a unha nena orfa...