Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 24 de febreiro de 2017

O PORVIR (L'avenir. Francia, 2016) VENRES, 24 DE FEBREIRO DE 2017 AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.  21 horas Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Produción: Rebecca O’Brien Fotografía: Denis Lenoir Música: Raphael Hamburger Intérpretes: Isabelle Huppert, Edith Scob, Roman Kolinka, André Marcon, Sarah Le Picard, Solal Forte, Elise Lhomeau, Lionel Dray, Marion Ploquin Duración: 100 min. Berllinale: Sección Oficial. Círculo de críticos Nova York e Los Ángeles: Mellor actriz Isabelle Huppert SINOPSE Nathalie, escritora e profesora de filosofía, que reparte o seu tempo entre os fillos, o traballo e unha nai posesiva, vese obrigada a reconstruír a súa vida cando o seu home lle comunica que a vai deixar por outra muller. O TEMPO DA RESISTENCIA Jordi Costa. El País Unha elipse deliberadamente vaga “uns cuantos anos despois” separa o prólogo desta película do corpo do seu relato, onde unha profesora de filosofía, encarnada ...

Película do 10 de febreiro de 2017

EU, DANIEL BLAKE (I, Daniel Blake) Auditorio Municipal de Cangas.    21 horas Dirección: Ken Loach Guión: Paul Laverty Produción: Rebecca O’Brien Director de fotografía : Robbie Ryan Montaxe: Jonathan Morris Música: George Fenton Intérpretes: Dave Johns ( Daniel Blake) ,  Hayley Squires  ( Katie ),   Dylan McKiernan  ( Dylan ), Briana Shann ( Daisy) , Kate Rutter ( Ann) , Sharon Percy ( Sheila) , Kema Sikazwe ( China) Duración: 100' SINOPSE Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudar...

Proxección 27 de xaneiro

REGRESO Á CASA Gui lai China, 2014 21 horas.  Auditorio Municipal de Cangas Director: Zhang Yimou Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling) Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi Música: Chen Qijang Fotografía: Zhao Xiaoding Duración: 109 min. SINOPSE Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista.  A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao.  Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba...

Proxección 20 de xaneiro de 2017

CORAZÓN XIGANTE (FUSI) Venres 20 de xaneiro.    21 horas.  Auditorio de Cangas Islandia, 2014. Dirección: Dagur Kári. Guion: Dagur Kári. Intérpretes: Gunnar Jónsson, Ilmur Kristjánsdóttir, Sigurjón Kjartansson y Franziska Una Dagsdóttir. Fotografía: Rasmus Videbaek Música: Yoshihiro Hanno Duración: 94' PREMIOS TRIBECA 2015, Mellor película, actor e guión. SEMINCI Valladolid 2015, Mellor actor SINOPSE: Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado con sobrepeso que nunca tivo noiva e está só interesado polas batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento onde vive coa súa nai. Un día recibe un abono para acudir a unha escola de baile, onde coñece a Sjöfn, unha muller solitaria, como el, e con profundas feridas psicolóxicas. Fúsi - Tráiler español por keane43

Contrafaces, 28 de decembro

 CONTRAFACES Mércores, 28 de decembro, ás 21 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Ola, cineclubeiros. Imos despedir o ano cunha proxección extra. Quizais algúns saibades que queriamos inaugurar a Semana de cine cunha película relacionada co noso entorno máis próximo, pero non puido ser. Unha das películas que barallamos foi Contrafaces un documental centrado en dous personaxes que se cruzan nos seus itinerarios vitais en sentidos contrarios, Elías Portela ou Elías Knörr e Erín Moure. Pois ben, o mércores 28 de decembro, ás 21 horas realizaremos a presentación en Cangas deste documental e contaremos coa presenza de Elías Portela e Fon Cortizo, o seu director.

Proxección do 16 de decembro de 2016

BOUDU SALVADO DAS AUGAS (Boudu sauvé des eaux) 16 DE DECEMBRO.   21,30 HORAS AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Boudu salvado das augas Boudu sauvé des eaux Francia, 1932 Director:  Jean Renoir. Intérpretes:  Michel Simon (Boudu),Marcelle Hainia (Mme. Lestingois), Séverine Lerczinska (Anne-Marie), Charles Granval (Lestingois), Jean Gehret (Vigour), Max Dalban (Godin), Jacques Becker (el poeta). Guión:  Jean Renoir & Albert Valentin. Basado na obra teatral de René Fauchois 1919 Fotografía:  Marcel Lucien (B/N). Montaxe:  Marguerite Renoir e Suzanne de Troye. Música:  Jean Boulze e Édouard Dumoulin. Produtor:  Michel Simon. Produción:  Société Sirius (Les Productions Michel Simon). Duración: 83 min. Xénero: Comedia SINOPSE Boudu é un vagabundo que, desesperado porque perdeu o seu can, tírase ao río Sena desde a ponte das Artes. Un libreiro, Monsieur Lestingois, sálvalle a vida e acólleo na súa casa. Boudu seduce ...

Proxección do 2 de decembro

ALÉN DAS MONTAÑAS China, Francia e Xapón, 2015. PREMIOS Asian Film Awards 2016 (mellor filme) Cannes 2015 (nomeado á Palma de Ouro) Golden Horse 2015 (premio do público, mellor guión) Miami 2016 (gran premio do xurado, mellor actriz Tao Zhao) Donostia 2015 (premio do público). Dirección: Jia Zhang-ke. Guion: Jia Zhang-ke. Intérpretes: Tao Zhao, Zhang Yi, Liang Jingdong, Dong Zijian, Sylvia Chang Fotografía: Nelson Yu Lik-wai. Música: Yoshihiro Hanno. Duración: 131' 'Más allá de las montañas' SINOPSE Tao, unha moza de Fenyang, é cortexada polos seus dous amigos da infancia, Zang e Lianzi. Zang, propietario dunha estación de gasolina, está destinado a un futuro prometedor, mentres que Liang traballa nunha mina de carbón. O seu corazón está dividido entre os dous homes e debe tomar unha decisión que selará o seu destino e o do seu futuro fillo.