Ir al contenido principal

Entradas

Película do 10 de xuño

DHEEPAN De Jacques Audiard. Francia 2015 AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS Dirección: Jacques Audiard. Intérpretes: Vincent Rottiers, Marc Zinga, Jesuthasan Antonythasan, Franck Falise, Claudine Vinasithamby. Guión: Jacques Audiard, Thomas Bidegain, Noé Debré. Música: Nicolas Jaar. Fotografía: Éponine Momenceau. Duración: 114 min. SINOPSE Un home foxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha nena que foxen tamén do país. Unha vez en chan francés, atopa traballo como conserxe nun edificio situado nun barrio problemático dos arrabaldos. A pesar de que non falan francés, adáptanse progresivamente ao seu novo país. "La película, aún manteniendo las constantes del director, no alcanza la fiereza de sus mejores logros. Pero es igual, 'Dheepan' es un ejercicio enfebrecido donde los personajes se mueven al límite de su angustia"  Luis Martínez: Diario E...

Película do 3 de xuño 2016

O FILLO DE SAÚL HUNGRÍA, 2015 Venres 3 de xuño. 21 horas. AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS ÓSCAR mellor película fala non inglesa  CANNES: Premio do Xurado e Premio FIPRESCI  Globo de Ouro  Premio DAVIDe DI DONATELLO pelíula europea.  Independent Spirit Awards. Mellor película estranxeira  Dirección: László Nemes. Intérpretes: Géza Röhrig, Levente Molnár, Urs Rechn, Todd Charmont, Sándor Zsótér. Guión: László Nemes, Clara Royer. Música: László Melis. Fotografía: Mátyás Erdély. Duración: 107 min. SINOPSE Auschwitz, 1944. Saúl Ausslander é un dos prisioneiros que traballan nos fornos crematorios. Como membro dos Sonderkommand é obrigado a queimar os cadáveres dos habitantes da súa vila, pero facendo uso da súa moral, trata de salvar das lapas o corpo dun rapaz que cre fillo seu e buscar un rabino para enterralo socentemente. "Obra maestra incuestionable (...) Es cine enorme construido desde la intimidad. Es cine que duel...

20 de maio. MUSTANG

MUSTANG 20 de maio de 2016 21 horas Auditorio de Cangas Proposta Mellor película fala non inglesa: Óscar, Globo de ouro  4 Premios César: Mellor ópera prima, guión, montaxe e banda sonora.  Premio Discovery do cine europeo Opera Prima  Premio Goya mellor película europea  Espiga Prata Seminci e outros 6 premios Dirección: Deniz Gamze Ergüven. Intérpretes: Erol Afsin, Ilayda Akdogan, Doga Zeynep Doguslu, Elit Iscan, Ayberk Pekcan, Günes Sensoy, Tugba Sunguroglu. Guión: Deniz Gamze Ergüven, Alice Winocour. Música: Warren Ellis. Fotografía: David Chizallet, Ersin Gok. Duración: 97 min. SINOPSE Nunha aldea do norte de Turquía cinco irmás orfas comprendidas entre os 12 e os 16 anos pasan o verán nun paradisíaco xardín de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro cos rapaces da escola. Sen embargo, a condición da muller no país non tardará en provocar murmurios de inmoralidade e escándalo, así que os parentes, nomeadamente a avo...

SILVERED WATER. SYRIA SELF PORTRAIT

MÉRCORES, 11 de maio 21 horas. Auditorio de Cangas A favor de ACNUR e Médicos sen fronteiras

Proxección especial

Proxección especial

A Federación de cineclubes de Galicia e todos os cineclubes que formamos parte da mesma, acordamos realizar unha proxección coa intención de axudar ás persoas refuxiadas.  En Cangas será o mércores, 11 de maio ás 21 horas. Contaremos coa participación de Marián Rodríguez, membro de Médicos sen fronteiras, organización á que, xunto con ACNUR faremos chegar os fondos que se recaden en todas as proxeccións. A entrada terá un custe de 6 euros para todo o público, asociados e non asociados.

Película do 6 de maio

NINGUÉN QUERE A NOITE (Nadie quiere la noche) Auditorio de Cangas. 21 horas Dirección: Isabel Coixet . Intérpretes: Juliette Binoche, Rinko Kikuchi, Gabriel Byrne, Matt Salinger. Guión: Miguel Barros. Música: Lucas Vidal Fotografía: Jean-Claude Larrieu . Duración: 118 min. SINOPSE É 1908 e Josephine Peary viaxa a Groenlandia para reunirse co seu marido, o explorador Robert Peary e compartir con el o instante de gloria de ser o primeiro en colocar a bandeira norteamericana no Polo norte. Burguesa e elegante, de Park Avenue, Josephine emprenderá unha viaxe temeraria e épica no lugar máis inhóspito, puro e perigoso do planeta para atopar á persoa que ama. Na súa viaxe, atoparase cunha humilde esquimal, Allaka, amante do seu marido e que tamén espera o seu regreso. A pesar das súas diferenzas, ambas terán que unirse para poder sobrevivir ás duras condicións climáticas da tundra. Nadie quiere la noche "Apreciable (...) Un sobrio ejerc...