Ir al contenido principal

Entradas

20 de maio. MUSTANG

MUSTANG 20 de maio de 2016 21 horas Auditorio de Cangas Proposta Mellor película fala non inglesa: Óscar, Globo de ouro  4 Premios César: Mellor ópera prima, guión, montaxe e banda sonora.  Premio Discovery do cine europeo Opera Prima  Premio Goya mellor película europea  Espiga Prata Seminci e outros 6 premios Dirección: Deniz Gamze Ergüven. Intérpretes: Erol Afsin, Ilayda Akdogan, Doga Zeynep Doguslu, Elit Iscan, Ayberk Pekcan, Günes Sensoy, Tugba Sunguroglu. Guión: Deniz Gamze Ergüven, Alice Winocour. Música: Warren Ellis. Fotografía: David Chizallet, Ersin Gok. Duración: 97 min. SINOPSE Nunha aldea do norte de Turquía cinco irmás orfas comprendidas entre os 12 e os 16 anos pasan o verán nun paradisíaco xardín de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro cos rapaces da escola. Sen embargo, a condición da muller no país non tardará en provocar murmurios de inmoralidade e escándalo, así que os parentes, nomeadamente a avo...

SILVERED WATER. SYRIA SELF PORTRAIT

MÉRCORES, 11 de maio 21 horas. Auditorio de Cangas A favor de ACNUR e Médicos sen fronteiras

Proxección especial

Proxección especial

A Federación de cineclubes de Galicia e todos os cineclubes que formamos parte da mesma, acordamos realizar unha proxección coa intención de axudar ás persoas refuxiadas.  En Cangas será o mércores, 11 de maio ás 21 horas. Contaremos coa participación de Marián Rodríguez, membro de Médicos sen fronteiras, organización á que, xunto con ACNUR faremos chegar os fondos que se recaden en todas as proxeccións. A entrada terá un custe de 6 euros para todo o público, asociados e non asociados.

Película do 6 de maio

NINGUÉN QUERE A NOITE (Nadie quiere la noche) Auditorio de Cangas. 21 horas Dirección: Isabel Coixet . Intérpretes: Juliette Binoche, Rinko Kikuchi, Gabriel Byrne, Matt Salinger. Guión: Miguel Barros. Música: Lucas Vidal Fotografía: Jean-Claude Larrieu . Duración: 118 min. SINOPSE É 1908 e Josephine Peary viaxa a Groenlandia para reunirse co seu marido, o explorador Robert Peary e compartir con el o instante de gloria de ser o primeiro en colocar a bandeira norteamericana no Polo norte. Burguesa e elegante, de Park Avenue, Josephine emprenderá unha viaxe temeraria e épica no lugar máis inhóspito, puro e perigoso do planeta para atopar á persoa que ama. Na súa viaxe, atoparase cunha humilde esquimal, Allaka, amante do seu marido e que tamén espera o seu regreso. A pesar das súas diferenzas, ambas terán que unirse para poder sobrevivir ás duras condicións climáticas da tundra. Nadie quiere la noche "Apreciable (...) Un sobrio ejerc...

A academia das musas

O trailer d'A academia das musas de José Luis Guerín. Comentarios arredor da película de "Días de cine" (La 2): 'La academia de las musas'

Película do 22 de abril de 2016

A ACADEMIA DAS MUSAS (La academia de las musas) Auditorio de Cangas, 22 de abril ás 21 horas Dirección e guión: José Luis Guerín. Intérpretes: Raffaele Pinto, Emanuela Forgetta, Rosa Delor Muns, Mireia Iniesta, Patricia Gil,Carolina Llacher, Juan Rubiño, Giulia Fedrigo, Giovanni Masia, Gavino Arca Música: Camilo Froideval. Fotografía: José Luis Guerín. Montaxe: José Luis Guerín. Duración: 92 min. SINOPSE Universidade de Barcelona. Un profesor italiano imparte unha clase nun posgrao de Filoloxía acerca das musas e a súa influencia, particularmente na Divina Comedia, de Dante. Os seus alumnos, e sobre todo as súas alumnas, interactúan mentres José Luís Guerín, creador deste fascinante experimento cinematográfico, fílmaos con realismo, sen alharacas formais. Coa mesma naturalidade que levou ao director catalán a capturar a transcendente sinxeleza do discurso social na vida do barrio de En construción, a cámara de A academia das musas transcende até o milagre. Porque a teo...