Ir al contenido principal

Entradas

29 de xaneiro de 2016

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.   29 DE XANEIRO, 21 Horas. Dirección e guión: Asier Altuna. Fotografía: Javier Agirre. Intérpretes: Iraia Elias, Amparo Badiola, Ander Lipus, Kandido Uranga, Manu Uranga, Klara Badiola, Nagore Aranburu. Duración: 113 min. SINOPSE Un caserío no medio dun mesto bosque, cos seus costumes consuetudinarios escritos coa seiva das árbores que o arrodean. A casa familiar nunca se vai dividir, o primeiro fillo varón quedará con ela, e o resto dos fillos terán que buscar a vida lonxe del. Despois de séculos de funcionamento, este, na medida do posible, actualizouse, permitindo hoxe escoller quen herdará o caserío. Unha familia con tres irmáns, cada un coa súa árbore plantada e marcada con pintura para indicar o seu carácter: o vermello para a coraxe do irmán máis vello, o branco para o vago e o negro para a moza rebelde. Pero a vida fai que os primeiros irmáns marchen do caserío, deixando soa a ovella negra da familia, a única muller, artis...

22 de xaneiro

Venres, 22 de xaneiro de 2016, ás 21 horas AUDITORIO DE CANGAS Dirección e guión: Naomi Kawase. Intérpretes: Kirin Kiki (Tokue), Masatoshi Nagase (Sentaro), Kyara Uchida (Wakana), Miyoko Asada (Propietario tenda), Etsuko Ichihara (Yoshiko), Masatoshi Nagase (Sentaro). Produción: Masa Sawada, Koichiro Fukushima, Yoshito Oyama. Música: David Hadjadj. Montaxe: Tina Baz. Fotografía: Shigeki Akiyama. Duración: 113 min. SINOPSE Sentaro dirixe unha pequena pasteleria que serve dorayakis (pasteliños recheos de salsa de feixóns vermellos e doces chamada "an"). Cando unha anciá, Tokue, ofrécese a axudarlle na cociña, el accede de mala gana. Pero Tokue demostrará ter maxia nas mans cando se trata de facer "an". Grazas á súa receita secreta, o pequeno negocio comeza a florecer. Co paso do tempo, Sentaro e Tokue abrirán os seus corazóns para revelar vellas feridas. Que di a prensa da próxima película?  Aí tendes unha captura en internet: "Cu...

O cine que vén (II)

Amama será outra das películas que poderemos ver. con críticas variadas, a película, feita con sinceridade, é unha mostra máis dun cine que gusta máis aos espectadores que aos críticos, como temos visto outras .

O cine que vén (I).

Entre as películas que comporán o vindeiro trimestre está Unha pastelería en Tokio, da directora Naomi Kawase. A esta seguirán outras catro películas máis, pois o 18 de marzo é venres de Dolores e xa se sabe que ese día moita xente marcha... Ide facendo sitio, aquí vos queda o comentario de Días de cine sobre Unha pastelería en Tokio. 'Una pasteleria en Tokio'

La fiesta de despedida

O concello de Cangas programa o próximo sábado 20 de decembro unha comedia divertida sobre a morte. Esta película foi galardonada coa Espiga de ouro do Festival de Valladolid e o Premio do Público do Festival de Venecia. Versión dobrada. Auditorio de Cangas, 21 horas. Tráiler de 'La fiesta de despedida'

11 de decembro. Leviatán

LEVIATÁN (Левиафан ) Rusia, 2014 Venres, 11 de decembro, ás 21 horas no Auditorio de Cangas. Versión orixinal en ruso con subtítulos en español. Nominada Oscar á Mellor película de fala non inglesa Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa Festival de Cannes: Mellor guión Festival de Sevilla: Mellor fotografía Dirección: Andrei Zvyagintsev. Intérpretes: Vladimir Vdovichenkov, Elena Lyadova, Aleksey Serebryakov, Anna Ukolova, Roman Madyanov, Lesya Kudryashova. Guión: Oleg Negin, Andrey Zvyagintsev. Fotografía: Mikhail Krichman. Produción: Alexander Rodnyansky. Música: Andrey Dergachev ePhilip Glassz. Duración: 141 min. SINOPSE Kolia ten un taller de mecánica á beira da súa casa. O alcalde está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que lle custe. Primeiro tenta comprar o terreo, pero Kolia non está disposto a vender. O título adiántanos que se trata dunha historia cun gran contido simbólico, mitolóxico e ...

Whiplash. 27 de novembro

WHIPLASH VENRES, 27 DE NOVEMBRO, 21 H. Auditorio Municipal de Cangas Dirección e guión: Damian Chazelle. Intérpretes: Miles Teller, J.K. Simmons, Melissa Benoist, Austin Stowell, Nate Lang, Chris Mulkey. Fotografía: Sharone Meir. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Justin Hurwitz. Montaxe: Tom Cross. Duración: 107 min. SINOPSE A meta de Andrew Neiman, un xove baterista de jazz admirador do estilo de Buddy Rich, é triunfar no elitista Conservatorio de Música Nova York. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher (J.K. Simmons), un profesor coñecido tanto polo seu talento como temido pola súa crueldade cos alumnos, dirixe unha das máis prestixiosas big Band do país. Cando Fletcher elixe a Andrew para formar parte do grupo, a vida do mozo cambiará. CRÍTICAS "Contada podería pasar por unha película xa vista. E con todo, algo estraño, por primario, arrastra ao espectador até o ...