Ir al contenido principal

Entradas

O cine que vén (II)

Amama será outra das películas que poderemos ver. con críticas variadas, a película, feita con sinceridade, é unha mostra máis dun cine que gusta máis aos espectadores que aos críticos, como temos visto outras .

O cine que vén (I).

Entre as películas que comporán o vindeiro trimestre está Unha pastelería en Tokio, da directora Naomi Kawase. A esta seguirán outras catro películas máis, pois o 18 de marzo é venres de Dolores e xa se sabe que ese día moita xente marcha... Ide facendo sitio, aquí vos queda o comentario de Días de cine sobre Unha pastelería en Tokio. 'Una pasteleria en Tokio'

La fiesta de despedida

O concello de Cangas programa o próximo sábado 20 de decembro unha comedia divertida sobre a morte. Esta película foi galardonada coa Espiga de ouro do Festival de Valladolid e o Premio do Público do Festival de Venecia. Versión dobrada. Auditorio de Cangas, 21 horas. Tráiler de 'La fiesta de despedida'

11 de decembro. Leviatán

LEVIATÁN (Левиафан ) Rusia, 2014 Venres, 11 de decembro, ás 21 horas no Auditorio de Cangas. Versión orixinal en ruso con subtítulos en español. Nominada Oscar á Mellor película de fala non inglesa Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa Festival de Cannes: Mellor guión Festival de Sevilla: Mellor fotografía Dirección: Andrei Zvyagintsev. Intérpretes: Vladimir Vdovichenkov, Elena Lyadova, Aleksey Serebryakov, Anna Ukolova, Roman Madyanov, Lesya Kudryashova. Guión: Oleg Negin, Andrey Zvyagintsev. Fotografía: Mikhail Krichman. Produción: Alexander Rodnyansky. Música: Andrey Dergachev ePhilip Glassz. Duración: 141 min. SINOPSE Kolia ten un taller de mecánica á beira da súa casa. O alcalde está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que lle custe. Primeiro tenta comprar o terreo, pero Kolia non está disposto a vender. O título adiántanos que se trata dunha historia cun gran contido simbólico, mitolóxico e ...

Whiplash. 27 de novembro

WHIPLASH VENRES, 27 DE NOVEMBRO, 21 H. Auditorio Municipal de Cangas Dirección e guión: Damian Chazelle. Intérpretes: Miles Teller, J.K. Simmons, Melissa Benoist, Austin Stowell, Nate Lang, Chris Mulkey. Fotografía: Sharone Meir. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Justin Hurwitz. Montaxe: Tom Cross. Duración: 107 min. SINOPSE A meta de Andrew Neiman, un xove baterista de jazz admirador do estilo de Buddy Rich, é triunfar no elitista Conservatorio de Música Nova York. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher (J.K. Simmons), un profesor coñecido tanto polo seu talento como temido pola súa crueldade cos alumnos, dirixe unha das máis prestixiosas big Band do país. Cando Fletcher elixe a Andrew para formar parte do grupo, a vida do mozo cambiará. CRÍTICAS "Contada podería pasar por unha película xa vista. E con todo, algo estraño, por primario, arrastra ao espectador até o ...

A casa do tellado vermello

VENRES, 13 DE NOVEMBRO ÁS 21 HORAS AUDITORIO DE CANGAS Dirección: Yôji Yamada. Intérpretes: Takako Matsu (Tokiko), Haru Kuroki (Taki), Hidetaka Yoshioka Shoji Itakura), Satoshi Tsumabuki, Chieko Baisho, Takataro Kataoka. Guion: Yôji Yamada e Emiko Hiramatsu; baseado na novela de Kyoko Nakajima. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Joe Hisaishi. Duración: 136 min. SINOPSE  Cando morre Taki, o seu sobriño Takeshi recibe unha valiosa herdanza: a autobiografía da súa tía. Rememorando as lecturas dos primeiros capítulos e descubrindo aqueles que non coñecía, Takeshi introdúcese na vida de Taki durante os anos previos á II Guerra Mundial, cando traballaba en Tokio como criada para a familia Hirai. A medida que avanza na súa lectura, Takeshi comprende a complexidade do vínculo que uniu á súa tía cos Hirai e como as circunstancias e as eleccións poden causar feridas máis amargas que as que provoca unha guerra . "Otra preciosa pieza de ...

Película do cine club Bueu

O cine club Bueu proxecta este sábado A vida de Adèle . Versión dobrada e subtitulada. SÁBADO, 7 de novembro, ás 18 h. e ás 21,30 h.