Ir al contenido principal

Entradas

Opinións e trailer

'Una segunda madre'

30 de outubro

QUE HORAS ELA VOLTA? Venres, 30 de outubro. Auditorio Cangas             21 horas Dirección e guión: Anna Muylaert. Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé. Música: Fábio Trummer. Fotografía: Bárbara Álvarez. Duración: 110 min. SINOPSE Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva "Fala con intelixencia e sensibilidade da loita de clases. É unha película boa, comprensiva, crítica, luminosa e turbadora película." ...

Película do 16 de outubro

VENRES, 16 DE OUTUBRO. 21 HORAS. MANDARINAS Dirección e guión: Zaza Urushadze. Intérpretes: Lembit Ulfsak, Elmo Nüganen, Giorgi Nakashidze, Mikhail Meskhi. Música: Niaz Diasamidze. Fotografía: Rein Kotov. Duración: 87 min. SINOPSE Ano 1990. Ivo, un home de orixe estoniana, decide quedar en Xeorxia, a diferenza dos seus compatriotas, para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de mandarinas. Nos comezos do conflito pola independencia na provincia de Abjasia, Ivo atopa unha mañá un par de soldados feridos, de bandos opostos, ás portas da súa casa. Xunto a Margus, decide acollelos e coidar deles até a súa recuperación.

Programación do Cineclub Bueu

TÍTULO ORIXINAL:  Jodaeiye Nader az Simin (A Separation) SINOPSE:  Nader e Simin son un matrimonio iraniano cunha filla. Simin quere abandonar Irán en busca dunha vida mellor, pero Nader desexa quedar para coidar o seu pai, que ten Alzheimer. Ela pídelle o divorcio e múdase a vivir cos seus pais. Nader non ten máis remedio que contratar a unha muller que coide o seu pai. Unha neglixencia da asistenta provoca un conflito de grandes dimensións. CRÍTICA: Unha obra maestra de clase mundial.  Wall Street Journal. Os imprevisibles xiros argumentais, a atmosfera de ameaza e o tenro humanismo de Farhadi converten esta película nunha obra absorbente, pero a súa forma de formular as preguntas fundamentais a confirma como unha obra mestra.  El Periodico. Un triunfo da cinematografía.  Boston Globe. Encadres de cámara sempre perfectos, diálogos esplendidamente dosificados e a credibilidade achega...

Película do 2 de outubro

OS INSÓLITOS PEIXES GATO MÉXICO, 2013 Dirección e guión: Claudia Sainte-Luce. Intérpretes: Lisa Owen (Martha), Ximena Ayala (Claudia), Sonia Franco (Alejandra), Wendy Guillén (Wendy), Andrea Baeza (Mariana), Alejandro Ramírez-Muñoz (Armando), Beira Wilson (Alicia) Música: Madame Recamier. Fotografía: Agnés Godard. Duración: 95 min. SINOPSE Claudia, unha nova calada e meditabunda, traballa nun supermercado como promotora de salchichas. Por non saber lidar con esta insostible soidade, termina na sala de urxencias dun hospital público, cun severo caso de apendicite. É aí onde coñece a Martha, unha muller que se atopa hospitalizada na cama de á beira. Martha, quen vive acompañada polos seus fillos, aos poucos gáñase a confianza de Claudia. O curioso equilibrio desta familia logra que Claudia estableza unha relación de amizade con Martha, lazo que aos poucos se vai estreitando. COMENTARIO Para entusiastas das historias humanas Por Jordi Batlle Caminal Claudia Saint-L...

Lares apoia o cine

Os nosos patrocinadores e colaboradores

Colaboran: