Ir al contenido principal

Entradas

Proxección 23 xaneiro

ENCALLADOS Galicia, 2013 Dirección: Alfonso Zarauza. Intérpretes: Xulio Abonjo, Ricardo de Barreiro, Federico Pérez, Farruco Castromán, Luis Tosar. Guión: Alfonso Zarauza Xosé Castro “Pato”, Andy Mahía. Produción: Luís Tosar, Farruco Castromán e Pizca Gutiérrez. Fotografía: Albero Diaz “Bertixi” (AEC). Montaxe: Adrián Pino. Música: Robi C. Goday, Raquel Vilas Zarauza. Duración: 65 min. SINOPSE Por debaixo dunha historia louca de tres autores á busca de guión para facer unha película sobre o Prestige con catro pesos, apunta a como é un país que non foi quen de realizar unha boa ficción cinematográfica sobre unha das peores catástrofes ecolóxicas da historia. E faino sen complexos, a través do relato do propio fracaso. Da propia impotencia. Que é a da industria audiovisual tamén. Malia que, finalmente, as cousas van saíndo. ENTREVISTA CON ALFONSO ZARAUZA por Montse Dopico (Montsedopico.com) Acolliches as nominacións para os Mestre Mateo agradecido pero escéptico. P...

Nova tempada, novo equipamento

Este novo ano chega cun equipamento polo que levamos anos loitando. A aportación conxunta do Concello e o Cine Club Cangas permitiu a dotación dun novo proxector en alta definición e unha pantalla motorizada de sete metros e un lector Bluray. Isto suporá que a partir do mes de xaneiro teremos unhas condicións infinitamente mellores de visionado. Cnfiamos que isto nos permita recuperar unha parte do público que se perdeu co peche do cine Galaxias e comezar a pensar na programación da Semana de cine.

Proxección do 5 de decembro

5 de decembro O FILLO DO OUTRO Dirección: Lorraine Lévy. Intérpretes: Emmanuelle Devos (Orith), Pascal Elbé (Alon), Jules Sitruk (Joseph), Mehdi Dehbi (Yacine), Areen Omari (Leïla), Khalifa Natour (Saïd). Montaxe: Sylvie Gadmer. Produción: Raphaël Berdugo y Virginie Lacombe. Guión: Lorraine Lévy, Nathalie Saugeon e Noam Fitoussi; basado nun argumento de Noam Fitoussi. Fotografía: Emmanuel Soyer. Música: Dhafer Youssef. Duración: 105 min. SINOPSE Cando se prepara para entrar no exercito israelí, Joseph descobre que non é fillo biolóxico dos seus pais. Ao nacer, no medio da guerra, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o bebé dunha familia palestina que vive nos territorios ocupados de Cisxordania. O mundo derrúbase arredor destas dúas familias. O rexeitamento, a dúbida, a perda de identidade, os prexuízos de raza e relixión eríxense como espiñenta barreira nas súas vidas, e todos deberán tentar superala a través da comprensión, a amizade e a reconciliac...

Trailer de Miyazaki

Levántase o vento

Venres, 21 de novembro de 2014  21 h. Auditorio Municipal LEVÁNTASE O VENTO Dirección: Hayao Miyaxzaki. Produción: Toshio Suzuki. Guión: Hayao Miyazaki. Música: Joe Hisaishi. Duración: 126 min. SINOPSE Un mozo entusiasmado pola aviación, con problemas de vista que lle impediron ser piloto, converteuse no creador dos avións cos que Xapón combateu na Segunda Guerra Mundial. Inspirada na historia verdadeira de Jiro Horikoshi, o mestre xaponés da animación Hayao, Miyazaki construíu un filme (anunciado como o último da súa carreira) no que a súa visión fantástica aterra nas duras condicións dun país en pé de guerra. Todo iso cun realismo pouco común na súa obra. Tráiler de 'El viento se levanta', de Hayao Miyazaki COMENTARIO .  Jesús Jiménez. rtve.es/noticias MIYAZAKI INVÍTANOS A VOAR "Le vent se lève! . . . il faut tenter de vivre!" ("Érguese o vento!…hai que intentar vivir!"). Esta frase do poeta e filósofo francés, Paul V...

A SEGUNDA MULLER. 7 de novembro

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS VENRES, 7 DE NOVEMBRO 21 HORAS Dirección: Umut Dag Intérpretes: Nihal G Koldas, Begüm Akkaya, Vedat Erincin, Murathan Muslu, Alev Imak, Aliye Esra Salebci, Ethem Saygieder, Abdulkadir Tuncer. Produción: Veit Heiduschka, Michael Katz, Heinrich Mis. Guión: Umut Dag e Petra Ladinigg. Fotografía: Carsten Thiele. Montaxe: Kevin Tent. Música: Iva Zabkar. Duración: 93 min. SINOPSE Cando Ayse celebra a súa voda no pobo no que vive, todos cren que se casou con Hasan, un mozo gupo pouco máis vello ca ela. Pero en realidade Ayse abandona Turquía para converterse na segunda esposa de Mustafá, o pai de Hasan. Ao chegar ao seu novo fogar en Viena algúns dos fillos maiores danlle as costas pero Fatma, a primeira esposa de Mustafá acóllea como unha boa sucesora que atenderá e coidará a familia cando ela non estea. As dúas mulleres inician unha amizade moi especial baseada na confianza total. Pero esta relación verase cuestionada cando a familia teña qu...