Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 5 de decembro

5 de decembro O FILLO DO OUTRO Dirección: Lorraine Lévy. Intérpretes: Emmanuelle Devos (Orith), Pascal Elbé (Alon), Jules Sitruk (Joseph), Mehdi Dehbi (Yacine), Areen Omari (Leïla), Khalifa Natour (Saïd). Montaxe: Sylvie Gadmer. Produción: Raphaël Berdugo y Virginie Lacombe. Guión: Lorraine Lévy, Nathalie Saugeon e Noam Fitoussi; basado nun argumento de Noam Fitoussi. Fotografía: Emmanuel Soyer. Música: Dhafer Youssef. Duración: 105 min. SINOPSE Cando se prepara para entrar no exercito israelí, Joseph descobre que non é fillo biolóxico dos seus pais. Ao nacer, no medio da guerra, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o bebé dunha familia palestina que vive nos territorios ocupados de Cisxordania. O mundo derrúbase arredor destas dúas familias. O rexeitamento, a dúbida, a perda de identidade, os prexuízos de raza e relixión eríxense como espiñenta barreira nas súas vidas, e todos deberán tentar superala a través da comprensión, a amizade e a reconciliac...

Trailer de Miyazaki

Levántase o vento

Venres, 21 de novembro de 2014  21 h. Auditorio Municipal LEVÁNTASE O VENTO Dirección: Hayao Miyaxzaki. Produción: Toshio Suzuki. Guión: Hayao Miyazaki. Música: Joe Hisaishi. Duración: 126 min. SINOPSE Un mozo entusiasmado pola aviación, con problemas de vista que lle impediron ser piloto, converteuse no creador dos avións cos que Xapón combateu na Segunda Guerra Mundial. Inspirada na historia verdadeira de Jiro Horikoshi, o mestre xaponés da animación Hayao, Miyazaki construíu un filme (anunciado como o último da súa carreira) no que a súa visión fantástica aterra nas duras condicións dun país en pé de guerra. Todo iso cun realismo pouco común na súa obra. Tráiler de 'El viento se levanta', de Hayao Miyazaki COMENTARIO .  Jesús Jiménez. rtve.es/noticias MIYAZAKI INVÍTANOS A VOAR "Le vent se lève! . . . il faut tenter de vivre!" ("Érguese o vento!…hai que intentar vivir!"). Esta frase do poeta e filósofo francés, Paul V...

A SEGUNDA MULLER. 7 de novembro

AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS VENRES, 7 DE NOVEMBRO 21 HORAS Dirección: Umut Dag Intérpretes: Nihal G Koldas, Begüm Akkaya, Vedat Erincin, Murathan Muslu, Alev Imak, Aliye Esra Salebci, Ethem Saygieder, Abdulkadir Tuncer. Produción: Veit Heiduschka, Michael Katz, Heinrich Mis. Guión: Umut Dag e Petra Ladinigg. Fotografía: Carsten Thiele. Montaxe: Kevin Tent. Música: Iva Zabkar. Duración: 93 min. SINOPSE Cando Ayse celebra a súa voda no pobo no que vive, todos cren que se casou con Hasan, un mozo gupo pouco máis vello ca ela. Pero en realidade Ayse abandona Turquía para converterse na segunda esposa de Mustafá, o pai de Hasan. Ao chegar ao seu novo fogar en Viena algúns dos fillos maiores danlle as costas pero Fatma, a primeira esposa de Mustafá acóllea como unha boa sucesora que atenderá e coidará a familia cando ela non estea. As dúas mulleres inician unha amizade moi especial baseada na confianza total. Pero esta relación verase cuestionada cando a familia teña qu...

Máis sobre De tal pai, tal fillo

Máis opinións e o tráiler da próxima película do cineclub Cangas. Unha prometedora proxección. Días de cine: 'De tal padre, tal hijo'

Proxección 24 de outubro

DE TAL PAI TAL FILLO de Hirokazu Kore-eda (Xapón, 2013) Guión: Hirokazu Kore-eda. Intérpretes: Masaharu Fukuyama (Ryota), Machiko Ono (Midorino), Yoko Maki (Yukai), Lily Franky (Yudai), Keita Ninomiya (Keita), Shogen Hwang (Ryusei), Jun Fubuki (Nobuko), Jun Kunimura (Kazushi).  Fotografía: Mikiya Takimoto.  Duración: 120 min SINOPSE Todo o que Ryota ten ganouno traballando arreo e está convencido de que nada pode estragar a súa vida perfecta. Pero un día recibe unha sorprendente chamada do hospital. O seu fillo Keita de seis anos non é realmente tal, o hospital cometeu un erro e entregoulles o neno equivocado,  Ryota vese obrigado a tomar a decisión máis importante da súa vida: debe escoller entre o innato e o adquirido. Decatándose da adicación da súa mukller, Midori, con Keita a pesar de recibir a nova de non ser o fillo que pariu, e despois de coñecer a familia que criou con amor ao seu verdadeiro fillo durante seis anos, comeza a preguntarse se ...

Máis comentarios sobre Nebraska

Alexander Payne regala a Cannes Nebraska, unha pequena xoia. Cannes afronta su recta final Días de cine - 06/02/14