Ir al contenido principal

Entradas

Programación primavera 2014

4 de abril DESPOIS DE MAIO (Après mai). Francia, 2012 Dirección e guión: Olivier Assayas. Intérpretes: Clément Métayer (Gilles), Lola Créton (Christine), Félix Armand (Alain). Fotografía: Eric Gautier. Produción: Charles Gillibert, Marin Karmitz y Nathanäel Karmitz. Montaxe: Luc Barnier. Duración: 120 min. 25 de abril THE TRIP Reino Unido, 2010 Dirección e guión: Michael Winterbottom. Intérpretes: Steve Coogan (Steve), Rob Brydon (Rob), Margo Stilley (Mischa), Paul Popplewell (Paul), Claire Keelan (Emma). Fotografía: Ben Smithard. Produción: Melissa Parmenter e Andrew Eaton Montaxe: Mags Arnold e Paul Monaghan Duración: 107 min 9 de Maio A GRANDE BELEZA (La grande bellezza). Italia, 2013 Dirección: Paolo Sorrentino Guión: Paolo Sorrentino Umberto Contarello. Intérpretes: oni Servillo, Carlo Verdone, Sabrina Ferilli, Carlo Buccirosso, Iaia Forte, Pamela Villoresi. Fotografía: Luca Bigazzi.. Música: Lele Marchitelli. Produción: Nicola Giuliano e Francesca Cima. Montaxe: Cristiano Travagl...

Película do 21 de marzo

O estudante Dir.: Santiago Mitre Arxentina, 2011 Festival de Xixón: Premio Mellor Película Festival de Locarno: Premio Especial do xurado BAFICI: Premio especial do xurado Festival de Cartagena: Mellor película Dirección e guión: Santiago Mitre. Intérpretes: Esteban Lamothe (Roque), Romina Paula (Paula), Ricardo Félix (Alberto Acevedo), Valeria Correa (Valeria) Fotografía: Gustavo Biazzi, Federico Cantini, Alejo Maglio, Soledad Rodríguez  Montaxe: Delfina Castagnino. Música: Los Natas. Duración: 110 min. SINOPSE Roque chega a Buenos Aires para iniciar os seus estudos universitarios por terceira vez. Xa non é un mozo e parece ter máis talento para conquistar mulleres que para estudar. Unha delas é Paula, profesora adxunta, que milita nunha agrupación universitaria. Roque participa dun par de reunións como espectador, ao pouco empeza a meterse e pronto entende que aí está o seu lugar e que ten un talento inesperado para o releo político.

Trailer de Wadjda (A biciclet verde)

Proxección do 7 de marzo

A BICICLETA VERDE ARABIA SAUDITA, 2012 Dirección e guión: Haifaa Al-Mansour. Intérpretes: Reem Abdullah, Waad Mohammed, Abdullrahman Algohani, Sultan Al Assaf, Ahd Kamel. Duración: 98 min. 2013: Premios BAFTA: Candidata á Mellor película de fala non inglesa 2013: Independent Spirit Awards: Candidata á Mellor ópera prima 2013: Satellite Awards: Candidataa á Mellor película estranxeira 2013: National Board of Review (NBR): Premio á liberdade de expresión COMENTARIO de Mirito Torreiro Nun momento desta primeira película árabe-saudita dirixida por unha muller, a nena Wadjda mira a árbore xenealóxica da súa familia. Só hai nomes masculinos: non hai espazo para eses seres inferiores que son as mulleres. Sen dicirllo a ninguén, crava cunha pinza do pelo o seu nome escrito nun papel debaixo mesmo do nome do seu pai: non está disposta a ser deixada de lado en nada, menos aínda nunha árbore xenealóxica. Esta anécdota vale por todo o filme: A bicicleta verde é xustam...

Película do 28 de febreiro

A PUERTA FRÍA España, 2012 Dirección: Xavi Puebla. Guión: Xavi Puebla e Jesús Gil Vilda. Intérpretes: Antonio Dechent (Salva), María Valverde (Inés), Nick Nolte (Sr. Battleworth), José Luis García Pérez (Toni), Héctor Colomé (Carmelo), Sergio Caballero (Álex), José Ángel Egido (Fuentes), Cesáreo Estébanez (Ridruejo), Alex O’Dogherty (cliente inglés). Fotografía: Mauro Herce Mira. Montaxe: Jorge Suárez. Duración: 80 min. SIPNOSE Salva (Antonio Dechent) é un vendedor sevillano en apuros que non sabe como solucionar os seus problemas. Nunha feira de vendas coñece a Inés (María Valverde), unha bela azafata de congresos á que pide axuda. Ambos organizan un plan no que está implicado Battleworth (Nick Nolte). COMENTARIO de Mirito Torreiro. (http://www.fotogramas.es ) Terceira longametraxe dun director, o catalán Xavi Puebla, que foi construíndo a súa carreira con paciencia de ourive e dando probas dun afinado talento para a posta en escena, direcció...

Máis críticas de MUD

Deixámosvos a crítica que publicou en Sermos Galiza Andrés Castro. CRÍTICA Terceira incursión de Jeff Nichols tras o drama psicolóxico multi-premiado e aclamado pola crítica “Take Shelter” (2011) e a opera prima non estreada “Shotgun Stories” (2007). Ambas co seu actor fetiche Michael Shannon de protagonista. En “Mud” tamén aparece, pero nun papel secundario deixando o papel principal a un esforzado Matthew McConaghey que trata de demostrar as súas dotes de actor. O intento está ben pero por algunha razón non nos acabamos de crer moito a personaxe que interpreta: un prófugo cun dente roto e cigarro en riste. Aínda que o intenta, a súa interpretación achégase máis a un aceno descomposto que a unha actuación propiamente dita. O propio Shannon, para os dous minutos que aparece, dálle mil voltas; por non amentar ao mítico Sam Shepard que se come cada escena só coa súa presenza. Para completar o grupo de actores tamén figura Reese Witherspoon nun papel secundario, pero ao ...

Proxección do venres, 14 de febreiro

MUD EE.UU. 2012   Dirección e guión: Jeff Nichols. Intérpretes: Matthew McConaughey (Mud), Reese Witherspoon (Juniper), Sarah Paulson (Mary Lee), Tye Sheridan (Ellis), Michael Shannon (Galen), Sam Shepard(Tom), Jacob Lofland (Neckbone). Fotografía: Adam Stone. Montaxe: Julie Monroe. Música: David Wingo. Duración: 130 min. SIPNOSE Ellis e Neckbone, de 14 anos, atópanse cun home refuxiado nunha illa no medio do Misisipi. Trátase de Mud: cun dente menos, unha serpe tatuada no brazo, unha pistola e unha camisa que lle dá sorte. Mud é tamén un home que cre no amor, algo no que Ellis necesita crer desesperadamente para tentar esquecer as tensións diarias entre os seus pais. Mud pide axuda aos dous adolescentes para reparar un barco que lle permitirá abandonar a illa. Con todo, para os raparigos resulta difícil discernir o verdadeiro do falso nas palabras de Mud. Matou realmente un home? Perségueo a xustiza, os cazarrecompensas? E dout...