Ir al contenido principal

Entradas

PROXECCIÓN DO 13 DE DECEMBRO

A CAZA Jagten - Dinamarca 2012 Festival de Cannes 2012: Mellor actor (Mads Mikkelsen).  Premios do Cine Europeo 2012: Mellor guión Dirección: Thomas Vinterberg. Intérpretes: Thomas Bo Larsen (Theo), Anne Louise Hassing (Agnes), Mads Mikkelsen (Lucas), Annika Wedderkopp (Klara), Lasse Fogelstrom (Marcus), Susse Wold (Grethe), Lars Ranthe (Bruun), Alexandra Rapaport (Nadja) Produción: Nikolaj Egelund. Guión: Tobias Lindholm e Thomas Vinterberg. Fotografía: Charlotte Bruus Christensen. Montaxe: Janus Billeskov Jansen e Anne Østerud. Música: Nikolaj Egelund. Duración: 111 min. SINOPSE Lucas é un profesor de primaria que, tras divorciarse, tenta refacer a súa vida. Móstrase ilusionado sentimentalmente cunha nova muller e trata de retomar a relación co seu fillo adolescente. Todo parece marchar ben ata que unha mentira enrarece o ambiente do Nadal e a existencia de Lucas tórnase insoportable con respecto ao trato dos seus veciños. Este bo home deberá loitar pola sú...

Trailer e comentario. A PARTE DOS ANXOS

A PARTE DOS ANXOS COMENTARIO de Julio Rodríguez Chico. La Butaca.com “A parte dos anxos” é unha entrañable comedia social na que Ken Loach deixa clara a súa aposta pola segunda oportunidade. Paul Branningan fai un gran papel cheo de frescura e espontaneidade. Resulta difícil imaxinar a Ken Loach facendo un cinema no que a perspectiva social non prevaleza ou onde os seus personaxes non pertenzan a clases desfavorecidas. En “A parte dos anxos” -Premio do Xurado en Cannes- non saímos dese universo de compromiso e marxinalidade, pero si varía o enfoque con que se achega ás distintas situacións. O ton de comedia e a súa óptica humanista imponse ao espírito reivindicativo doutros traballos, e a denuncia agre deixa paso a un tratamento amable dos problemas. Agora volvemos a Glasgow para seguirlle a pista a un cuarteto de mozos delincuentes que deben conmutar a súa pena con traballos comunitarios como medio de reinserción. Un deles é Robbie, que acaba de ter un bebé con Leonie e que ten...

A parte dos Anxos o 29 de novembro

A parte dos anxos (The Angels' Share) Reino Unido, 2012 – V.O.S.E. 2012: Festival de Cannes: Premio especial do xurado 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música 2012: Premios César: Candidata á Mellor película estranxeira Dirección: Ken Loach. Intérpretes: Paul Brannigan (Robbie), John Henshaw (Harry), Gary Maitland (Albert), Jasmin Riggins (Mo), William Ruane (Rhino), Roger Allam (Thaddeus), Siobhan Reilly (Leonie). Guión: Paul Laverty. Fotografía: Robbie Ryan. Montaxe: Jonathan Morris. Produción: Rebecca O’Brien. Música: George Fenton. Duración: 101 min. Robbie é un xove pai de familia de Glasgow que non consegue fuxir do seu pasado delituoso. Crúzase no camiño de Rhino, Albert e a xove Mo cando, coma eles, evita por pouco o cárcere pero recibe unha pena de traballos sociais. Henri, o educador que lles asignaron, convértese entón no seu novo mentor e en segredo iníciaos na arte do whisky! Entre destilerías e sesións de degustación, Robbie...

Trailer de Bárbara

Para facerse unha pequena idea de como vai a película, queda aquí este trailer subtitulado.

Proxección do 15 de novembro

BÁRBARA Alemaña, 2012 Oso de prata mellor director Berlinale Dirección: Christian Petzold. Intérpretes: Nina Hoss (Bárbara), Ronald Zehrfeld (André), Rainer Bock (Klauss), Christina Hecke (Dra. Schulze) Guion: Christian Petzold, coa colaboración de Harun Farocki. Produción: Florian Koerner von Gustorf. Fotografía: Hans Fromm. Montaxe: Bettina Böhler. Música: JStefan Will. Duración: 105 min. SINOPSE Verán de 1980 na República Democrática Alemá. Bárbara, unha médica, pediu autorización para marcharse definitivamente a Occidente. Como castigo, trasládana da capital a un pobo. Jörg, o seu amante, que reside no Oeste, prepara a súa fuxida. Bárbara espera. O piso, os veciños, o verán, o campo, nada parece importarlle. Traballa no departamento de pediatría ás ordes de André, un cirurxián. É cariñosa cos pacientes, pero distante cos seus compañeiros. Está convencida de que o seu futuro empezará noutro lugar. Pero André sorpréndea. Non entende por que confía nela, na súa profe...

PROXECCIÓN DO 25 DE OUTUBRO

A pequena Venecia  (Io sono Li)  Italia, 2011 – V.O.S.E.  Premios:  2011: Premios David di Donatello: Mellor actriz (Tao Zhao). 4 candidaturas 2011: Festival de Sevilla: Premio Eurimages 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música Dirección: Andrea Segre. Intérpretes: Zhao Tao ( Shun Li), Rade Sherbedgia (Bepi “O poeta”), Marco Paolini  (Coppe), Roberto Citran (avogado), Giuseppe Battiston ( Devis) Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre. Fotografía: Luca Bigazzi. Montaxe: Sara Zavarise. Produción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder Música: François Couturier. Duración: 100 min.  Shun Li traballa nunha fábrica téxtil nos arredores de Roma. De súpeto, mándana a Chioggia, unha pequena cidade situada nunha illa na lagoa veneciana, para traballar como camareira nun bar. Bepi, un pescador eslavo ao que os seus amigos alcuman 'O Poeta', é un cliente habitual do pequeno bar desde hai anos. O encontro entre amb...

Que din de A PEQUENA VENECIA?

"Unha das mellores sorpresas e películas do ano. Ninguén debería perder esta xoíña". Carlos Louredo ( Fotogramas.es) "Unha obra mestra" (Liberazione) "Un pequeno milagre. Un poema exquisito" (Il Mesaggero) "Sensible, orixinal e conmovedora. Exitoso debut de Andrea Segre" Correiere della sera.it "Delicada...Fascinante... é unha canción de amor aos elementos naturais, aos sentimentos humanos, ás cousas sinxelas que alivian o sufrimento e as dificultades da vida cotiá" Close Up "Grande ovación para A pequena venecia"  (Rolling Stone) "Unha delicada e poética historia de amor?Un universo emocional realmente orixinal" L'unitá "Un tema de candente actualidade contado en clave poética... Un excelente reparto" Lq Republica "Grandes interpretacións dun reparto excepcional" (Radiocinema.it) "Quizais a mellor película italiana que se viu en Venecia" (Avvenire) "Paci...