Ir al contenido principal

Entradas

PROXECCIÓN DO 25 DE OUTUBRO

A pequena Venecia  (Io sono Li)  Italia, 2011 – V.O.S.E.  Premios:  2011: Premios David di Donatello: Mellor actriz (Tao Zhao). 4 candidaturas 2011: Festival de Sevilla: Premio Eurimages 2012: Premios do Cine Europeo: Candidata á Mellor música Dirección: Andrea Segre. Intérpretes: Zhao Tao ( Shun Li), Rade Sherbedgia (Bepi “O poeta”), Marco Paolini  (Coppe), Roberto Citran (avogado), Giuseppe Battiston ( Devis) Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre. Fotografía: Luca Bigazzi. Montaxe: Sara Zavarise. Produción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder Música: François Couturier. Duración: 100 min.  Shun Li traballa nunha fábrica téxtil nos arredores de Roma. De súpeto, mándana a Chioggia, unha pequena cidade situada nunha illa na lagoa veneciana, para traballar como camareira nun bar. Bepi, un pescador eslavo ao que os seus amigos alcuman 'O Poeta', é un cliente habitual do pequeno bar desde hai anos. O encontro entre amb...

Que din de A PEQUENA VENECIA?

"Unha das mellores sorpresas e películas do ano. Ninguén debería perder esta xoíña". Carlos Louredo ( Fotogramas.es) "Unha obra mestra" (Liberazione) "Un pequeno milagre. Un poema exquisito" (Il Mesaggero) "Sensible, orixinal e conmovedora. Exitoso debut de Andrea Segre" Correiere della sera.it "Delicada...Fascinante... é unha canción de amor aos elementos naturais, aos sentimentos humanos, ás cousas sinxelas que alivian o sufrimento e as dificultades da vida cotiá" Close Up "Grande ovación para A pequena venecia"  (Rolling Stone) "Unha delicada e poética historia de amor?Un universo emocional realmente orixinal" L'unitá "Un tema de candente actualidade contado en clave poética... Un excelente reparto" Lq Republica "Grandes interpretacións dun reparto excepcional" (Radiocinema.it) "Quizais a mellor película italiana que se viu en Venecia" (Avvenire) "Paci...

Proxección do 11 de outubro

O EXERCICIO DO PODER Dirección e guión: Pierre Schoeller Intérpretes: Olivier Gourmet (Bertrand Saint-Jean), Michel Blanc (Gilles), Zabou Breitman (Pauline), Martin Kuypers (Sylvain Deblé), Didier Bezace (Dominique Woessner), Jacques Boudet (Senador Juillet), François Chattot (Falconetti), Gaëtan Vassart (Loïk), Arly Jover (Séverine Saint-Jean), Eric Naggar (Primeiro Ministro), Anne Azoulay (Josepha), Christian Vautrin (Nemrod), François Vincentelli (Peralta), Stéphan Wojtowicz (Presidente de Francia). Guión: Michel Leclerc e Baya Kasmi.  Fotografía: Julien Hirsch . Montaxe: Laurence Briaud. Produción: Denis Freyd, Jean-Pierre et Luc Dardenne. Música: Philippe Schœller . Duración: 115 min.  SINOPSE O secretario persoal do ministro dos Transportes, Bertrand Saint-Jean, espértao no medio da noite para lle comunicar que un autobús caeu por un cavorco. Non lle queda outra que ir alí. Así comeza a odisea dun home de Estado nun mundo cada vez máis complexo e hostil. Velo...

Trailer de Noutro país

"Noutro país é tamén unha das películas máis xoviais de Hong Sangsoo, unha comedia de aparencia lixeira arredor da súa idea persistente de que as relacións humanas nunca conseguen fixarse de maneira sólida, non subsisten no tempo e por iso os personaxes tenden a volver unha e outra vez sobre elas. Tanto o ton cómico como a dificultade para establecer ou manter un romance veñen subliñados, aquí, polo feito de que a protagonista é estranxeira. Se os personaxes masculinos das súas primeiras películas resultaban especialmente odiosos, o socorrista de Noutro país debe ser o protagonista máis simpático e divertido de toda a súa filmografía, un secundario capaz de botarse a cantar coma un Jonathan Richman asiático a fin de conquistar a bela estranxeira que busca un faro. "

Proxección do 27 de setembro

NOUTRO PAÍS Dirección e guión: Sang-soo Hong Intérpretes: Isabelle Huppert (Anne), Kwon Hye Hyo, Jung Yu Mi, So-ri Moon, Moon Sung Keun, Yeo-jeong Yoon (Park Sook) Guión: Sang-soo Hong Fotografía: Yong-jin Jeong Montaxe: Nathalie Hubert. Produción: Caroline Adrian, Antoine Rein e Fabrice Goldstein. Música: Yong-jin Jeong . Duración: 85 min. SINOPSE Nunha cidade costeira de Corea, Mohang, unha moza, encárgase dun pequeno hotel a poucos metros da praia. Tres mulleres francesas que responden ao mesmo nome, Anne, hospédanse alí con historias diferentes que contar: a primeira, é unha famosa directora de cinema; a segunda, é unha muller casada que ten unha relación paralela cun coreano e a terceira foi abandonada polo seu home para irse con outra....Todo forma parte do guión dunha curta escrita por unha rapaza estudante de cinema.

Volvemos ao cine

Estamos preparando a programación do outono e podemos adiantarvos catro das películas que van proxectarse: 27 de setembro Noutro país , unha película coreana do director Sang SuHong. 11 de outubro   O exercicio do poder , do director francés Pierre Schoeller. 25 de outubro A pequena Venecia , de Andrea Segre 15 de novembro A parte dos anxos de Ken Loach 29 de novembro Bárbara , unha película alemana de Christian Petzold.

VACACIÓNS

Durante o verán desconectamos, pero non de todo, porque estamos dispostos a recibir as vosas propostas. Estamos traballando para facer Semana de Cine, alomenos estamos valorando a posibilidade de facelo.  Tamán estamos traballando para mellorar a calidade de proxección. Grazas e que poidamos ver O SOL .