Ir al contenido principal

Entradas

Trailer de Noutro país

"Noutro país é tamén unha das películas máis xoviais de Hong Sangsoo, unha comedia de aparencia lixeira arredor da súa idea persistente de que as relacións humanas nunca conseguen fixarse de maneira sólida, non subsisten no tempo e por iso os personaxes tenden a volver unha e outra vez sobre elas. Tanto o ton cómico como a dificultade para establecer ou manter un romance veñen subliñados, aquí, polo feito de que a protagonista é estranxeira. Se os personaxes masculinos das súas primeiras películas resultaban especialmente odiosos, o socorrista de Noutro país debe ser o protagonista máis simpático e divertido de toda a súa filmografía, un secundario capaz de botarse a cantar coma un Jonathan Richman asiático a fin de conquistar a bela estranxeira que busca un faro. "

Proxección do 27 de setembro

NOUTRO PAÍS Dirección e guión: Sang-soo Hong Intérpretes: Isabelle Huppert (Anne), Kwon Hye Hyo, Jung Yu Mi, So-ri Moon, Moon Sung Keun, Yeo-jeong Yoon (Park Sook) Guión: Sang-soo Hong Fotografía: Yong-jin Jeong Montaxe: Nathalie Hubert. Produción: Caroline Adrian, Antoine Rein e Fabrice Goldstein. Música: Yong-jin Jeong . Duración: 85 min. SINOPSE Nunha cidade costeira de Corea, Mohang, unha moza, encárgase dun pequeno hotel a poucos metros da praia. Tres mulleres francesas que responden ao mesmo nome, Anne, hospédanse alí con historias diferentes que contar: a primeira, é unha famosa directora de cinema; a segunda, é unha muller casada que ten unha relación paralela cun coreano e a terceira foi abandonada polo seu home para irse con outra....Todo forma parte do guión dunha curta escrita por unha rapaza estudante de cinema.

Volvemos ao cine

Estamos preparando a programación do outono e podemos adiantarvos catro das películas que van proxectarse: 27 de setembro Noutro país , unha película coreana do director Sang SuHong. 11 de outubro   O exercicio do poder , do director francés Pierre Schoeller. 25 de outubro A pequena Venecia , de Andrea Segre 15 de novembro A parte dos anxos de Ken Loach 29 de novembro Bárbara , unha película alemana de Christian Petzold.

VACACIÓNS

Durante o verán desconectamos, pero non de todo, porque estamos dispostos a recibir as vosas propostas. Estamos traballando para facer Semana de Cine, alomenos estamos valorando a posibilidade de facelo.  Tamán estamos traballando para mellorar a calidade de proxección. Grazas e que poidamos ver O SOL .
CÉSAR DEBE MORRER (Cesare deve morire) Italia, 2011 Dirección: Paolo Taviani e Vittorio Taviani Guión: William Shakespeare, Paolo Taviani Intérpretes: Salvatore Striano, Cosimo Rega, Giovanni Arcuri, Antonio Frasca, Juan Dario Bonetti, Vincenzo Gallo, Rosario Majorana, Francesco De Masi, Gennaro Solito, Vittorio Parrella, Pasquale Crapetti, Francesco Carusone, Fabio Rizzuto, Fabio Cavalli, Maurilio Giaffreda. Fotografía: Simone Zampagni.. Música: Giuliano Taviani, Carmelo Travia. Produción: Kaos Cinematografica, Stemal Entertainment, Le Talee Duración: 76 min. SINOPSE Os presos do cárcere Rebibbia, en Roma, van cambiar por unha tempada o catro paredes das súas celas por un escenario. Un director de teatro propuxo ao director da prisión preparar unha obra de teatro protagonizada polos reclusos e este considerouna unha moi boa idea. A obra en cuestión é "Xuliio César", de Shakespeare. Durante uns meses os encarcerados mergúllanse nos textos do drama...

Trailer de Dans la maison

Parece ser que hai alguén que non permite que o trailer desta película se colgue na rede. Por esa razón, vémonos obrigados a colocar unha ligazón que vos levará á páxina de Youtube onde poderedes visualizalo e o que aparece en Dailymotion. En la casa (Dans la maison) - Tráiler español... por keane43

Proxección do día 24 de maio

Atención ao cambio de data: 24 de maio NA CASA (Dans la maison) Francia, 2010 - V.O.S.E. Festival San Sebastián 2012: Cuncha de ouro á mellor película, Premio do xurado ao mellor guión Festival de Toronto: Premio FIPRESCI Dirección: François Ozon. Intérpretes: Fabrice Luchini, Kristin Scott Thomas, Emmanuelle Seigner,  Jean-François Balmer, Yolande Moreau, Bastien Ughetto, Ernst Umhauer, Denis Ménochet. Guión: François Ozon. Fotografía: Jérôme Alméras. Montaxe: Laure Gardette. Música: Philippe Rombi. Duración: 105 min.   SINOPSE Comeza o ano escolar. Germain, profesor de francés, corrixe os deberes dos seus novos alumnos. Son desastrosos. Con todo, un mozo que prefire sentar discretamente na última fila, desde onde se pode ver aos demais, demostra ter un afiado sentido da observación, incluso unha visión sutil. Alentado polo profesor, empeza unha redacción de tipo folletín, penetrando no mundo de dúas familias: unha pertencente á pequena burguesía, coas...