Ir al contenido principal

Entradas

ESTAMOS A PUNTO PARA A PRIMAVERA

Esta primavera segue sendo de cine e as proxeccións xa confirmadas son estas:   5 de abril: Ruby Sparks de Jonathan Dayton e Valer ie Faris 19 de abril: Amor debaix o do espi ñeiro b r anco de Zhang Y imou 31 maio: En la casa de Franç ois Ozon 7 de xuño: César debe morrer de Paolo e Vittorio Taviani Pero con isto non remata o cine, aínda nos faltan outras dúas proxeccións por confirmar. Estade atentos ao blog e a Facebook

Trailer de silencio de xeo

Película do 15 de marzo

SILENCIO DE XEO Das letzte schweigen Dirección: Baran bo Odar. Intérpretes: Ulrich Thomsen, Wotan Wilke Möhring, Burghart Klaussner, Katrin Sass, Sebastian Blomberg. Guion: Baran bo Odar. Fotografía: Nikolaus Summerer. Montaxe: Robert Rzesacz. Música: Kris Steininger e Michael Kamm. Duración: 120 min. SINOPSE Unha bicicleta nun campo de trigo. Unha nena desaparecida. Repítese a historia? Hai 23 anos, Pía foi violada e asasinada no mesmo lugar. Ocorreulle o mesmo á Snikka? Krishan, o policiía agora xubilado, que se encargou da primeira investigación, está convencido de que existe unha conexión entre os dous crimes. Os seus esforzos para descubrir o asasino foron inútiles no pasado, pero agora está disposto a facer xustiza xunto co seu colega David. Un sólido thriller sobre la culpa y la impunidad Días de cine - 'Silencio de hielo' Ver vídeo Días de cine - 'Silencio de hielo'

Proxección do 8 de marzo

Profesor Lazhar (Monsieur Lazhar) Canadá, 2011 - V.O.S.E. Festival de Locarno 2011: Premio do Público e Premio Variety Piazza Grande Premio do Público no Festival Internacional de Rotterdam 2012 Premio á “Mellor película canadiana” no Festival de Toronto 2011 6 Premios Genie, que otorga a Academia Canadiana de Cine e Televisión, incluíndo Mellor Película, Mellor Director e Mellor Actor. Proposta ao Óscar para a Mellor película de fala non inglesa. Premio da Crítica e Mellor Guión Sa SEMINCI de Valladolid Dirección: Philippe Falardeau Intérpretes: Mohamed Fellag (Bachir Lazhar), Sophie Nélisse (Alice), Émilien Néron (Simon), Danielle Proulx (Srta. Vaillancourt), Brigitte Poupart (Claire), Vincent Millard (Victor). Fotografía: Ronald Plante. Montaxe: Stéphane Lafleur. Música: Martin Léon. Duración: 94 min.  SINOPSE Bachir Lazhar, de 55 anos e alxeriano de prcedencia, é contratado nunha escola de Mntreal como substituto dun mestre de ensino primario m...

Proxección do 1 de marzo de 2013

THE DEP BLUE SEA Dirección: Terence Davies. Intérpretes: Rachel Weisz, Tom Hiddleston, Simon Russell Beale, Barbara Jefford. Guion: Terence Davies; basado na obra de Terence Rattigan. Fotografía: Florian Hoffmeister. Montaxe: David Charap. Duración: 98 min SINOPSE Terence Davies adapta ao cinema a obra teatral The deep blue sea de Terence Rattigan, un dos grandes dramaturgos británicos do século XX. A historia trasládanos ao Londres dos anos 50, onde coñeceremos a Hester Collyer (Rachel Weisz), unha muller que leva unha vida privilexiada como esposa dun xuíz do Tribunal Supremo, sir William Collyer (Simon Russell Beale). Pero para asombro de todos os que a rodean, deixa ao seu marido para irse a vivir con Freddie Page (Tom Hiddleston), un mozo ex piloto da RAF do que se namorou apaixonadamente.

Proxección do 22 de febreiro

Venres, 22 de febreiro, ás 21 horas. Auditorio Municipal de Cangas TERRAFERMA Italia e Francia, 2011 Dirección: Emanuele Crialese. Intérpretes: Filippo Pucillo, Donatella Finocchiaro, Giuseppe Fiorello, Mimmo Cuticchio, Martina Codecasa. Guion: Vittorio Moroni e Emanuele Crialese. Fotografía: Fabio Cianchetti. Montaxe: Simona Paggi. Música: Franco Piersanti. Duración: 88 min  SINOPSE “Terraferma” é a historia dunha Sicilia sen contaminar, habitada fudamentalmente por mariñeiros. Aínda que non coñecen o turismo, a súa mentalidade está comezando a mudar ao decatarse das posibilidades desta nova industria. Ao mesmo tempo teñen que enfrontarse a estranxeiros sen papeis e á nova lei que os obriga a rexeitar aos que buscan axuda. Esta política choca coa lei do mar que obriga a auxiliar a calquera que estea en apuros.    

Historias de Xangai

Unha película para descubrir a intrincada historia dunha cidade e das súas xentes ao longo dos últimos decenios.