Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 26 de outubro

AS NEVES DO KILIMANJARO   (Les neiges du Kilimanjaro) Espiga de ouro na Seminci de Valladolid  Premio do Público (Seminci de Valladolid) FRANCIA, 2011 - V.O.S.E. Dirección: Robert Guédiguian. Intérpretes: Ariane Ascaride (Marie-Claire), Jean-Pierre Darroussin (Michel), Gérard Meylan (Raoul), Marilyne Canto (Denise), Grégoire Leprince-Ringuet (Christophe), Anaïs Demoustier (Flo), Adrien Jolivet (Cilles).   Guión: Robert Guédiguian e Jean-Louis Milesi; inspirado no poema “A xente pobre”, de Victor Hugo. Fotografía: Pierre Milon. Montaxe: Bernard Sasia. Vestiario: Juliette Chanaud. Duración: 107 min. SINOPSE A pesar de quedar sen traballo, Michel é feliz con Marie-Claire. Hai 30 anos que se aman. Os seus fillos e os seus netos mímanos. Teñen moi bos amigos. Séntense orgullosos das súas loitas políticas e sindicais. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero a súa felicidade romperase cando dous homes armados e enmascarados os ag...

Trailer de "As neves do Kilimanjaro"

Trailer da magnífica pelñicula dun director que representa a visión máis solidaria dos últimos anos, un cine que non cala e aporta unha visión crítica e esperanzada da situación actual.

Proxección 12 de outubro

ARRUGAS 21 horas no Auditorio Municipal Gañadora de 5 premios Mestre Mateo Goya á película de animación Goya mellor guión adaptado Ańima 2012 Audienche choice Mellor película animación Festival de Stutgart Mellor pelicula europea de animación (Best European Cartoon Movie) Dirección: Ignacio Ferreras. Guión: Angel de la Cruz, Paco Roca, Ignacio Ferreras e Rosanna Cecchini; baseado no cómic Arrugas, de Paco Roca. Fotografía: David Cubero.. Música: Nani García. Produción: Manuel Cristóbal, Enrique Aguirrezabala e Oriol Ivern. Duración: 85 min. “ARRUGAS” é unha película de animación para un público adulto baseado no cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de Alzheimer, será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o temido piso dos as...

Trailer de Enrugas

A programación do 4º trimestre do 2012

Xa temos preparada a programación do outono. Será un ciclo de seis películas que están entre  os debuxos animados ao drama social, ou o cine xaponés do coñecido Kore Eda. Comezamos en outubro e rematamos o 14 de decembro. Atención á primeira proxección que será o 12 de outubro, venres. 12 de outubro ARRUGAS (Versión en galego) 26 de outubro AS NEVES DO KILIMANJARO 9 de novembro KISEKI (MILAGRE) 30 de novembro O ILUSIONISTA 7 de decembro UN DEUS SALVAXE 14 de decembro TAKE SHELTER

PROXECCIÓN DO 8 DEXUÑO

ANOTHER YEAR Dirección e guión: Mike Leigh. Intérpretes: Jim Broadbent (Tom), Lesley Manville (Mary), Ruth Sheen (Gerri), David Bradley (Ronnie), Imelda Staunton (Janet), Karina Fernandez (Katie), Oliver Maltman (Joe), Peter Wight (Ken), Martin Savage (Carl), Michele Austin (Tanya), Phil Davis (Jack). Fotografía: Dick Pope. Música: Gary Yershon. Montaxe: Jon Gregory. Produción: Georgina Lowe. Vestiario: Jacqueline Durran. Duración: 129 min. SINOPSE “Another year”: Primavera, verán, outono e inverno. Familia e amizade. O amor e a calidez. Alegría e tristura. A esperanza e a desesperación. Compañeirismo. A soedade. Un nacemento. Unha morte. O tempo pasa... Gerri (Ruth Sheen), terapeuta, e Tom (Jim Broadbent), xeólogo, levan moitos anos felizmente casados, aínda que lles preocupa que o seu fillo Joe, que é avogado, siga solteiro Esta preocupación non lles permite decatarse da dependencia que María, unha compañeira de traballo de Gerri, ten da súa amizade. Pecham...

Trailer de Another Year

A próxima película será esta obra de Mike Leigh que se exhibiu en Cannes hai dous anos e que se estreou en España con notable retraso.