Ir al contenido principal

Entradas

Proxección 25 maio

LE HAVRE Dirección e guión: Aki Kaurismäki Intérpretes: André Wilms (Marcel Marx), Kati Outinen (Arletty), Jean-Pierre Darrousin (Monet), Blondin Miguel (Idrissa), Elina Salo (Claire), Evelyne Didi (Yvette). Fotografía: Timo Salminen. Montaxe: Timo Linnasalo. Produción: Aki Kaurismäki, Fabienne Vonier e Reinhard Brunding Duración: 93 min. SINOPSE Marcel Marx, escritor e coñecido bohemio, exiliouse na cidade de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente despois de adoptar o honrado -aínda que non moi proveitoso- oficio de limpabotas. Enterrou o soño de converterse nun recoñecido autor e vive felizmente dentro dun triángulo composto polo seu bar preferido, o seu traballo e a súa esposa Arletty. Pero o destino provoca que se atope cun inmigrante menor de idade chegado de África. Arletty cae enferma, e a Marcel non lle quedará máis remedio que alzarse unha vez máis ante o frío muro da indiferenza humana co seu optimismo e a solidariedade dos habitantes do bar...

Proxección 11 de maio

CHICO E RITA Auditorio Municipal de Cangas, 21 horas Dirección: Fernando Trueba, Javier Mariscal, Tono Errando. Guión: Fernando Trueba, Ignacio Martínez de Pisón. Voces: Limara Meneses (Rita), Emar Xor Oña (Chico), Mario Guerra (Ramón). Música: Bebo Valdés. Dirección de Animación: Manolo Galiana. Dirección creativa personaxes: Bojan Pantelic. Supervisión artística: Pedrín E. Mariscal. Cancións interpretadas por: Bebo Valdés: Chico Idania Valdés: Rita Estrella Morente: Estrella Morente Freddy Cole: Nat King Cole Jimmy Heath: Ben Webster Pedrito Martínez: Miguelito Valdés Michael Phillip Mossman: Dizzie Gilliespie Amadito Valdés: Tito Puente Germán Velazco: Charlie Parker Yaroldi Abreu: Chano Pozo Rolando Luna: Chico (Celia) Duración: 100 min. SINOPSE Na Cuba de finais dos anos corenta, nace unha afervoada historia de amor entre Chico e Rita. Chico é un pianista novo namorado do jazz e Rita soña con ser unha gran cantante. Desde a noite en que o destino os...

Película do 27 de abril

WINTER'S BONE Auditorio Municipal de Cangas, ás 21 horas Dirección: Debra Granik. Guión: Debra Granik e Anne Rosellini; baseado na novela de Daniel Woodrell. Intérpretes: Jennifer Lawrence, John Hawkes, Kevin Breznahan, Dale Dickey, Garret Dillahunt, Sheryl Tate Taylor. Fotografía: Michael McDonough. Música: Dickon Hinchliffe.  Duración: 100 min. SINOPSE Ree Dolly, de 17 anos, decide buscar o seu pai despois de que este ofreza a casa familiar como garantía para a fianza que lle permitirá saír do cárcere e desaparecer sen deixar rastro. Antes de perder o seu fogar e atoparse sen teito no medio dos bosques das montañas Ozark, Ree prefire enfrontarse á lei do silencio dos seus parentes con tal de salvar a súa familia. Aos poucos, consegue abrirse paso a través das mentiras, evasivas e ameazas dos seus parentes até chegar á verdade.

A propósito de Le père de mes enfants

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA.  ángel Santos Touza (acuartaparede.com) Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve celebra o seu trinta aniversario, conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc, e Le pére de mes enfants, Premio Especial do Xurado no pasado festival de Cannes de 2009; e garda para este 2011 a estrea do seu novo filme, Un amour de jeunesse, máis con todo segue a ser unha descoñecida entre nós. Pero por que falar de Hansen-Løve? Por que agora? Cremos que é importante chamar a atención sobre un filme (e unha cineasta) tan pequeno en aparencia como pode ser este Le pére de mes enfants, cuxas virtudes acaban destacando ao ser postas en relación de contraste cas obras dos seus contemporáneos.  Aló onde outros se ded...

Película do 13 de abril

O PAI DOS MEUS FILLOS (Le père de mes enfants) Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Intérpretes: Louis-Do de Lencquesaing, Chiara Caselli, Alice de Lencquesaing, Manelle Driss, Alice Gautier, Éric Elmosnino, Sandrine Dumas. Fotografía : Natalia Auffray. Produción: Olivier Damian, Philippe Martin E David Thion. Duración: 110 min. SINOPSE Grégoire Canvel teno todo: unha muller que o ama, tres fillas deliciosas e un oficio que o apaixona; é produtor de películas. Descubrir novos cineastas, facer posibles as películas que corresponden á súa idea do cinema, libre como a súa idea da vida, é a súa vocación. Grégoire vive para facer Cinema, dedícalle case todo o seu tempo e enerxía. Só descansa o fin de semana, espazo sacro para estar coa súa familia. De talante hiperactivo, carismático, elegante e pasional, Grégoire provoca a admiración de todos. Con todo a súa prestixiosa produtora, Moon Films, cambaléase. Grégoire resístese a velo, quere continuar, custe ...

Pequeno cambio

Por esas cousas do mercado cultural, prezos máis en concreto, vémonos obrigados a adiar a proxección de L'illusioniste e programar no seu sitio LE HAVRE do director Aki Kaurismaki. Esperamos que a partir  do mes de outubro as cousas muden un pouco e xa non haxa dificultades para programala.

Proxección 23 de marzo

NADER E SIMIN Dirección: Asghar Farhadi.  Guión: Asghar Farhadi. Intérpretes: Shahab Hosseini (Hodjat), Peyman Moaadi (Nader), Leila Hatami(Simin), Sareh Bayat (Razieh), Sarina Farhadi (Termeh) Fotografía: Mahmoud Kalari. Música: Sattar Oraki Produción: Asghar Farhadi.. Duración: 123 min. SINOPSE Historia de Simin, unha muller que se dispón a abandonar Irán co seu marido, Nader, e a súa filla para buscar unha vida mellor, sen saber que aquel, preocupado polo seu pai que está enfermo de Alzheimer, alberga as súas dúbidas e outras intencións. Este acontecemento é o detonante dunha dolorosa separación do matrimonio e, por tanto, da familia. O que ningún dos dous pode prever é que este feito traerá consecuencias irreversibles e que as súas vidas se complicarán até niveis insospechables nos que a chantaxe, a traizón, a mezquindad, aflorarán. Mentres Simin se instala na casa de seus pais, Nada queda a cargo da súa filla e de seu pai. Un bo día, ao chegar a casa,...