Ir al contenido principal

Entradas

Película do 27 de abril

WINTER'S BONE Auditorio Municipal de Cangas, ás 21 horas Dirección: Debra Granik. Guión: Debra Granik e Anne Rosellini; baseado na novela de Daniel Woodrell. Intérpretes: Jennifer Lawrence, John Hawkes, Kevin Breznahan, Dale Dickey, Garret Dillahunt, Sheryl Tate Taylor. Fotografía: Michael McDonough. Música: Dickon Hinchliffe.  Duración: 100 min. SINOPSE Ree Dolly, de 17 anos, decide buscar o seu pai despois de que este ofreza a casa familiar como garantía para a fianza que lle permitirá saír do cárcere e desaparecer sen deixar rastro. Antes de perder o seu fogar e atoparse sen teito no medio dos bosques das montañas Ozark, Ree prefire enfrontarse á lei do silencio dos seus parentes con tal de salvar a súa familia. Aos poucos, consegue abrirse paso a través das mentiras, evasivas e ameazas dos seus parentes até chegar á verdade.

A propósito de Le père de mes enfants

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA.  ángel Santos Touza (acuartaparede.com) Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve celebra o seu trinta aniversario, conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc, e Le pére de mes enfants, Premio Especial do Xurado no pasado festival de Cannes de 2009; e garda para este 2011 a estrea do seu novo filme, Un amour de jeunesse, máis con todo segue a ser unha descoñecida entre nós. Pero por que falar de Hansen-Løve? Por que agora? Cremos que é importante chamar a atención sobre un filme (e unha cineasta) tan pequeno en aparencia como pode ser este Le pére de mes enfants, cuxas virtudes acaban destacando ao ser postas en relación de contraste cas obras dos seus contemporáneos.  Aló onde outros se ded...

Película do 13 de abril

O PAI DOS MEUS FILLOS (Le père de mes enfants) Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Intérpretes: Louis-Do de Lencquesaing, Chiara Caselli, Alice de Lencquesaing, Manelle Driss, Alice Gautier, Éric Elmosnino, Sandrine Dumas. Fotografía : Natalia Auffray. Produción: Olivier Damian, Philippe Martin E David Thion. Duración: 110 min. SINOPSE Grégoire Canvel teno todo: unha muller que o ama, tres fillas deliciosas e un oficio que o apaixona; é produtor de películas. Descubrir novos cineastas, facer posibles as películas que corresponden á súa idea do cinema, libre como a súa idea da vida, é a súa vocación. Grégoire vive para facer Cinema, dedícalle case todo o seu tempo e enerxía. Só descansa o fin de semana, espazo sacro para estar coa súa familia. De talante hiperactivo, carismático, elegante e pasional, Grégoire provoca a admiración de todos. Con todo a súa prestixiosa produtora, Moon Films, cambaléase. Grégoire resístese a velo, quere continuar, custe ...

Pequeno cambio

Por esas cousas do mercado cultural, prezos máis en concreto, vémonos obrigados a adiar a proxección de L'illusioniste e programar no seu sitio LE HAVRE do director Aki Kaurismaki. Esperamos que a partir  do mes de outubro as cousas muden un pouco e xa non haxa dificultades para programala.

Proxección 23 de marzo

NADER E SIMIN Dirección: Asghar Farhadi.  Guión: Asghar Farhadi. Intérpretes: Shahab Hosseini (Hodjat), Peyman Moaadi (Nader), Leila Hatami(Simin), Sareh Bayat (Razieh), Sarina Farhadi (Termeh) Fotografía: Mahmoud Kalari. Música: Sattar Oraki Produción: Asghar Farhadi.. Duración: 123 min. SINOPSE Historia de Simin, unha muller que se dispón a abandonar Irán co seu marido, Nader, e a súa filla para buscar unha vida mellor, sen saber que aquel, preocupado polo seu pai que está enfermo de Alzheimer, alberga as súas dúbidas e outras intencións. Este acontecemento é o detonante dunha dolorosa separación do matrimonio e, por tanto, da familia. O que ningún dos dous pode prever é que este feito traerá consecuencias irreversibles e que as súas vidas se complicarán até niveis insospechables nos que a chantaxe, a traizón, a mezquindad, aflorarán. Mentres Simin se instala na casa de seus pais, Nada queda a cargo da súa filla e de seu pai. Un bo día, ao chegar a casa,...

Proxección 9 de marzo

POTICHE (Floreiro) Gran Premio do Xurado, Mellor guión, Festival de Sundance 2010 Independent Spirit Awards: Mellor actor secundario e actriz secundaria. NBR - Asociación de Críticos Norteamericanos: 2 Premios Francia, 2010 Dirección: François Ozon. Guion: François Ozon; adaptación libre da obra de Pierre Barillet e Jean-Pierre Grédy. Intérpretes: Catherine Deneuve (Suzanne Pujol), Gérard Depardieu (Maurice Babin), Fabrice Luchini (Robert Pujol), Karin Viard (Nadège), Judith Godrèche (Joëlle), Jérémie Renier (Laurent Pujol), Sergi López (camioneiro español). Fotografía: Yorick Le Saux. Música: Philippe Rombi. Duración: 103 min. SINOPSE Francia, 1977. Suzanne é unha muller consagrada ao seu fogar e á súa familia, e sometida ao acomodado industrial Robert Pujol. Robert dirixe con man de ferro a súa fábrica de paraugas e ten un comportamento desagradable e déspota tanto cos obreiros como cos seus fillos e con Suzanne, á que considera tan só...

Proxección 17 de febreiro

THE TRAP (Kropka) Dirección: Srdan Golubovic Guión: Srdan Koljevic, Melina Potakogevic Intérpretes: Nebojsa Glogovac (Mladen), Natasa Ninkovic (Marija), Anica Dobra (Jelena), Miki Manojlovic (Kosta Antic), Marko Durovic (Nemanja), Dejan Cukic (Ivkovic). Fotografía: Aleksandar Ilic Música: Mario Schneider. Produción: Jelena Mitrovic, Natasa Ninkovic, Alexander Ris e Jörg Rothe. Duración: 108 min. SINOPSE Belgrado na era post-Milosevic: unha capital en loita por atopar unha nova identidade nunha nación onde o pasado recente deixou aos seus cidadáns nun deserto moral e existencial. Neste contexto sitúase o fogar de Mladen, a súa esposa Marija e o seu fillo Nemanja. Cando se lle diagnostica a Nemanja unha insuficiencia cardíaca, os doutores insisten en que sexa operado no estranxeiro. Pero, como pode a familia conseguir os 26.000 euros que necesita? Xusto cando os pais do mozo están a piques de perder a esperanza, Mladen coñece a un home que promete darlles e...