Ir al contenido principal

Entradas

Proxección 10 de febreiro

TOURNÉE Dir ección: Mathieu Amalric. Guión:   Mathieu Amalric, Philippe Dei Folco, Marcelo Novais Teles e Raphaëlle Valbrune.  Intérpretes:   Mathieu Amalric (Joachim Zand), Miranda Colclasure (Mimi Lle Meaux), Suzanne Ramsey (Kitten on the Keys), Linda Marraccini (Dirty Martini), Julie Ann Muz (Julie Atlas Muz), Angela De Lorenzo (Evie Lovelle), Alexander Craven (Roky) Fotografía: Antoine Héberlé. Música:   Ange Ghinozzi. Produción: Yaël Fogiel e Laetitia Gonzalez.  Vestiario: Ann Dunsford. Duración: 111 min. Non recomendada para menores de once anos SINOPSE Apenas cumpridos os corenta anos, Joachim, un exitoso produtor de televisión parisiense, déixao todo (fillos, amigos, inimigos, amores e remorsos) para comezar unha nova vida en América. Algún tempo despois, regresa co grupo de bailarinas de striptease New Burlesque, cuxas mentes encheu de fantasías románticas sobre Francia. De cidade en cidade, o humor dos núm...

Proxección 27 xaneiro

Mademoiselle Chambon  (versión orixinal subtitulada) Dirección:   Stéphane Brizé. guión:      Stéphane Brizé e Florence Vignon; basado na novela de Eric Holder. Intérpretes:   Vincent Lindon (Jean), Sandrine Kiberlain (Verónique Chambon), Aure Atika (Anne-Marie), Jean-Marc Thibault (padre de Jean), Arthur Le Houérou (Jérémy), Bruno Lochet. Fotografía:   Antoine Héberlé. Música:  Ange Ghinozzi. Produción:   Milena Poylo e Gilles Sacuto. Vestiario:   Ann Dunsford. Duración:   101 min. SINOPSE Jean é unha persoa sinxela. Leva unha vida feliz xunto á súa adorable muller e o seu fillo. Un bo día crúzase no seu camiño a mestra do fillo, mademoiselle Chambon, unha muller discreta, fascinante, dunha elegancia exquisita. Aínda que proceden de mundos moi diferentes, a evidencia dos seus sentimentos desbórdalles. Este encontro pode ser un punto de inflexión na súa vida: unha oportunidade de cambio ou unha tolemia...

Programa de xaneiro a marzo pechado

A programación dos meses de xaneiro, febreiro e marzo está definitivamente pechada. Conformamos unha boa serie de películas. Teremos comedias e dramas. entre estes últimos, temos dous magníficos exemplos de películas ben realizadas, con magníficos guións que vos recomendamos que non perdades de ningún xeito: The trap, unha película serbia moi intensa cunha historia moi ben contada. A outra é Winter Bone, unha produción independente americana de excelente cualidade e cunha ctuación da actriz protagonista excelente. Pero o que vai predominar é o cine francés, xunto con algún cineasta británico, do mellor que se está a producir neste momento en Europa. Isto é o que poderemos ver: 27 xaneiro  Mademoiselle Chambon (Francia, 2009) Dirixida por Stéphane Brizé.  Intérpretes:   Vincent Lindon (Jean), Sandrine Kiberlain (Verónique Chambon), Aure Atika (Anne-Marie), Jean-Marc Thibault (padre de Jean), Arthur Le Houérou (Jérémy), Bruno Lochet.  Duración: 101...

O cine do 2012

Estamos traballando sobre a programación do semestre. Tentamos compaxinar comedias que nos axuden a sobrelevar a crise e os tempos que nos agardan con películas magníficas que non son sempre amables. Podemos asegurarvos que ides atopar películas que vos engancharán e nas que o tempo transcorrerá sen que sexades conscientes e outras que vos debuxarán un sorriso desde a primeira escea á última. Críticas acedas con tono de comedia. Podemos dicirvos que nalgúns títulos fiámonos máis do que vimos que do criterio exclusivo dos críticos, Estamos seguros que imos disfrutar de bo cine. Neste momento estamos pendientes de confirmar todos os títulos, pero esta é a proposta coa que estamos traballando: 27 xaneiro Mademoiselle Chambon 10 febreiro Tournee 24 febreiro The trap 9 marzo Potiche 23 marzo Nader e simim 13 abril Una dulce mentira 27 abril Le pere de mes enfants 11 maio Habemus Papam Quedan pendiente dúas proxeccións máis nos meses de maio ...

Trailer de Tío Bonmee...

Considerada polos críticos de Cahier de cinema como a mellor película do ano.

Proxección do 9 de decembro

Dirección e guión: Apichatpong Weerasethakul Intérpretes: Thanapat Saisaymar (Boonmee), Jenjira Pongpas (Jen), Sakda Kaewbuadee (Tong), Natthakarn Aphaiwonk (Huay). Fotografía: Yukontorn Mingmongkon, Charin Pengpanich, Sayombhu Mukdeeprom Montaxe: Lee Chatametikoo Música: Philippe Sarde Produción: Apichatpong Weerasethakul, Simon Field, Keith Griffiths e Charles de Meau. Duración: 113 min.   SINOPSE O tío Boonmee sofre unha insuficiencia renal aguda e decide pasar os seus derradeiros días entre no campo. Sorprendentemente, as pantasmas da súa muller falecida e do seu fillo desaparecido aparécenselle e tómano baixo as súas ás. Mentres medita sobre os motivos da súa enfermidade, Boonmee atravesará a xungla coa súa familia até chegar a unha cova no curuto dun outeiro, o lugar de nacemento da súa primeira vida.

Proxección do 2 de decembro

  A MOZA DO TREN   (La fille du RER) Dirección: André Techiné. Guión: André Téchiné, Odile Barski. Intérpretes: Catherine Deneuve (Louise), Nicolas Duvauchelle (Franck), Émilie Dequenne (Jeanne), Michel Blanc (Samuel Bleistein), Mathieu Demy (Alex), Ronit Elkabetz (Judith), Jérémie Quaegebeur (Nathan), Djibril Pavadé (Tom) Fotografía: Julien Hirsch. Música: Philippe Sarde Produción: Martine Marignac e Maurice Tinchant. Vestiario: Khadija Zeggaï. Duración: 105 min. SINOPSE Jeanne vive nunha casa nos arrabaldos coa súa nai Louise. As dúas teñen unha boa relación. Louise gaña a vida coidados nenos, mentres Jeanne busca traballo sen moita convicción. Un día Louise le un anuncio en internet que lle fará crer que a sorte por fin petou na súa porta. Ten a esperanza de que a firma de Samuel Bleistein, un coñecido avogado ao que coñeceu de nova, contrate á súa filla. O mundo de Jeanne e de bleistein estń a anos luz, pero unha inc...