Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 2 de decembro

  A MOZA DO TREN   (La fille du RER) Dirección: André Techiné. Guión: André Téchiné, Odile Barski. Intérpretes: Catherine Deneuve (Louise), Nicolas Duvauchelle (Franck), Émilie Dequenne (Jeanne), Michel Blanc (Samuel Bleistein), Mathieu Demy (Alex), Ronit Elkabetz (Judith), Jérémie Quaegebeur (Nathan), Djibril Pavadé (Tom) Fotografía: Julien Hirsch. Música: Philippe Sarde Produción: Martine Marignac e Maurice Tinchant. Vestiario: Khadija Zeggaï. Duración: 105 min. SINOPSE Jeanne vive nunha casa nos arrabaldos coa súa nai Louise. As dúas teñen unha boa relación. Louise gaña a vida coidados nenos, mentres Jeanne busca traballo sen moita convicción. Un día Louise le un anuncio en internet que lle fará crer que a sorte por fin petou na súa porta. Ten a esperanza de que a firma de Samuel Bleistein, un coñecido avogado ao que coñeceu de nova, contrate á súa filla. O mundo de Jeanne e de bleistein estń a anos luz, pero unha inc...

Proxección 25 de novembro

MEL (Bal) Dirección: Semih Kaplanoğlu. Interpretación: Bora Altas (Yusuf), Erdal Besikςioğlu (Yakup, pai), Tülin Özen (Zehra, a nai). Guion: Semih Kaplanoğlu e Orςun Köksal. Fotografía: Baris Özbiςer. Montaxe: Ayhan Ergürsel, Semih Kaplanoğlu e S. Hande Güneri. Duración: 103 min. SINOPSE Yusuf ten seis anos e acaba de empezar o colexio. O seu pai Yakup é apicultor, e Yusuf goza acompañándoo. Unha mañá, Yusuf cóntalle ao seu pai o que soñou, pero Yakup repréndeo: non se deben contar os soños. O mestre pídelle a Yusuf que lea un texto na clase, pero este empeza a tatexar. Pouco despois, as abellas desaparecen, poñendo en perigo o sustento da familia. Yakup decide subir á montaña para descubrir que ocorreu. En canto se vai, Yusuf deixa de falar. Anoitece e Yakup non regresa. Yusuf, que identifica ao seu pai co profeta, está convencido de que volverá. Yusuf e a súa nai buscan pistas para saber onde está Yakup, pero todo é en balde, e o neno decide se...

Proxección 11 de novembro

O ÚLTIMO VERÁN (36 vues du pic Saint Loup.) , Francia e Italia, 2009 V.O.S.E. Dirección:   Jacques Rivette. Guión:   Jacques Rivette, Pascal Bonitzer, Christine Laurent, Sergio Castellito e Shirel Amitay. Intérpretes:  Sergio Castellito (Vittorio), Jane Birkin (Kate), André Marcon (Alexandre), Jacques Bonnaffé (Marlo), Julie-Marie Parmentier (Clémence). Fotografía: Irina Lubtchansky.Montaxe: Nicole Lubtchansky. Música:  Pierre Allio. Produción: Martine Marignac e Maurice Tinchant. Vestiario: Laurence Struz. Duración: 84 min. SINOPSE: Durante os inicios da xira estival dunha compañía, o propietario e fundador dun pequeno circo morre de maneira repentina. Para poder salvar a tempada, a compañía decide proporlle á filla máis vella, Kate, que entre a formar parte da mesma. Aínda que ela deixou o circo hai quince anos, para sorpresa de todos, decide aceptar e acompañalos, abandonando a súa vida actual. Por casualidade, Kate crúzase cun ...

Trailer da próxima película

O ÚLTIMO VERÁN de Jacques Rivette (36 vues du Pic Saint-Loup) 11 de novembro

Trailer de LOLA (Avoa)

LOLA (Avoa)

Auditorio Municipal 28 de outubro, ás 21 horas  Dirección: Brillante Mendoza. Interpretación: Anita Linda (Sepa), Rustica Carpio (Puring), Tanya Gómez (Ditas), Jhong Hilario (Bebong), Ketchup Eusebio (Mateo). Guión: Linda Casimiro. Produción: Ferdinand Lapuz. Música: Teresa Barrozo. Fotografía: Odyssey Flores. Duración: 110 minutos SINOPSE: Dúas anciás deben lidar coas consecuencias dun crime que involucra aos seus respectivos netos: un é a vítima e o outro é o sospeitoso. Pobres e débiles, ambas as mulleres parten na busca de diñeiro no medio dunha tormenta. Sepa, acompañada do seu neto menor, acende unha vela no lugar do asasinato do seu outro neto a mans dun ladrón de móbiles. Logo inicia a súa busca de fondos para o funeral e o xuízo. Pola súa banda, Puring céntrase nunha laboriosa recollida de diñeiro para conseguir a liberdade temporal do seu neto, o asaltante.

HISTORIAS DA IDADE DE OURO

14 de outubro, 21 horas Dirección : Cristian Mungiu, Ioana Uricaru, Hanno Höfer, Razvan Marculescu e Constantin Popescu.. Guión: Cristian Mungiu. Intérpretes: Alexandru Potocean (secretario), Teo Corban (alcalde), Emanuel Pirvu (inspector do partido), Avram Birau (fotógrafo), Vlad Ivanov (Grigore), Tania Popa (Camelia), Liliana Mocanu (Marusia), Ion Sapdaru (axente Alexa), Diana Cavalioti (Crina). Fotografía: Oleg Mutu, Alex Sterian e Liviu Marghidan. Produción: Oleg Mutu e Cristian Mungiu. Montaxe: Dana Bunescu, Theodora Penciu e Ioana Uricaru. Música: Hanno Höfer e Laco Jimi. Dirección artística: Cezara Armasu, Mihaela Poenaru, Dana Istrate e Simona Paduretu. Duración: 154 min. SINOPSE Os últimos quince anos do réxime de Ceausescu foron os peores da historia de Romanía. Con todo, a maquinaria propagandística da época refírese indefectiblemente a aquel período como a Idade de Ouro. A película é unha adaptación para a gran pantalla das lendas urbanas máis f...