Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 3 de xuño

LONDON RIVER Dirección: Rachib Bouchareb. Guión: Rachib Bouchareb, Zoé Galeron e Olivier Lorelle Intérpretes: Brenda Blethyn (Elisabeth), Sotigui Kouyaté (Ousmane), Francis Magee (Inspector 1), Sami Bouajila (Imam), Marc Bayilis (Edward) Fotografía: Jérôme Alméras. Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo. Montaxe: Yannick Kergoat Música: Armand Amar Duración: 87 min. SINOPSE No mes de xullo de 2005 a capital inglesa sufriu unha serie de atentados de Al Qaeda que se saldaron cunha cincuentena de mortos. Neste marco sitúase a película de Rachid Bouchareb (director tamén de Days of glory): tras os atentados, Elisabeth Sommers, agricultora viúva, preocupada por non recibir noticias da súa filla Jane, que estuda en Londres, decide acudir persoalmente á cidade para ver como se atopa. Elisabeth descobre, sorprendida, que Jane vive nun barrio de inmigrantes e que comparte piso cun mozo africano chamado Alí. O seu camiño crúzas...

Proxección do 27 de maio

COPIA CERTIFICADA Dirección e guión: Abbas Kiarostami  . Intérpretes: Juliette Binoche (Elle),  William Schimell (James Miller), Jean-Claude Carrière (home da praza), Agathe Natanson (muller da praza), Gianna Giachetti (dono do café)    Fotografía: Luca Bigazzi. Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo. Montaxe: Bahman Kiarostami Duración: 106 min. SINOPSE Esta é a historia do encontro entre un home e unha muller nunha pequena vila italiana ao sur da Toscana. O home é un autor británico que acaba de rematar unha conferencia. A muller, francesa, unha galerista. A partir dese encontro comezan unha especie de xogo sentimental.

Xa estamos no Facebook

Xa nos podes seguir tamén en Facebook. Esta é a nosa páxina na rede social .

Proxección 13 de maio

POESÍA Dirección e guión: Lee Chang-dong. Intérpretes: Yun Jung-hee (Mija), Lee David (Jong Wook), Kim Hira (Sr. Kang), Anh Nae-sang (Kim Yongtak), Park Myeong-sin (madre de Heejin). Fotografía: Kim Hyun-seok. Produción: Lee Joon-dong. Montaxe: Kim Hyun. Vestiario: Lee Choong-yeon. Duración: 139 min. SINOPSE Mija vive co seu neto adolescente nunha pequena cidade dormitorio preto do río Han. É unha señora elegante e chea de curiosidade que adoita resultar imprevisible para os demais. Un día apúntase por casualidade a un taller de poesía nun centro cultural do barrio, e por primeira vez na súa vida vese na obriga de escribir un poema. O primeiro paso que dá na procura de inspiración poética é observar a vida diaria o seu arredor, algo no que nunca se fixara. De súpeto, unha nova enerxía apodérase de Mija, coma se fose unha nena que acaba de descubrir a vida. Ata que debe enfrontarse a unha realidade moito máis dura do que xamais imaxinara e dáse conta de que a vida n...

Proxección 8 de abril

BÍCAME, PARVO Dirección: Billy Wilder. Guión: Billy Wilder e I.A.L. Diamond. Intérpretes: Dean Martin, Kim Novak, Ray Walston, Felicia Farr, Cliff Osmond, Mel Blanc, Henry Gibson, Barbara Pepper, James Ward, Doro Merande, Howard McNear, Tommy Nolan, Alice Pearce, John Fiedled, Clift Norton. Fotografía: Joseph LaShelle. Produción: Billy Wilder. Música: André Previn. Montaxe: Daniel Mandell.  Asistente de dirección: Charles C. Coleman Dirección artística: Robert Luthardt Duración: 126 min. SINOPSE Un fachendoso e vividor crooner [cantante melódico] (Dean Martin) que acaba de finalizar un período de actuacións en Las Vegas, Nevada, montará no seu flamante coche para se dirixir a Hollywood, coa pretensión de actuar nunha película e pór a súa voz nalgún que outro programa televisivo. Para a súa desgraza, a estrada estará cortada, tendo que dar un rodeo por unha viliña asentada no medio do deserto chamada Climax. Alí, unha parella de amantes da boa música ...

Proxección do 1 de abril

    PAN NEGRO Dirección: Agustí Villaronga. Guión: Agustí Villaronga; baseado na novela de Emili Teixidor.. Intérpretes: Francesc Colomer (Andreu), Marina Comas (Nuria), Nora Navas (Florencia), Roger Casamajor (Farriol), Lluïsa Castell (Ció), Marina Gatell (Enriqueta), Laia Marull (Pauleta), Eduard Fernández (mestre), Sergi López Fotografía: Antonio Riestra. Produción: Isona Passola. Música: José Manuel Pagán. Montaxe: Raúl Román. Vestiario: Mercè Paloma. Duración: 108 min. (alcalde). SINOPSE Nos duros anos da posguerra rural en Cataluña, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren cargarlle as mortes ao seu pai, pero el, para axudarlle, tenta pescudar quen son os auténticos responsables. Neste percorrido, Andreu desenvolve unha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces e acaba descubrindo ...
Trailer da película Un profeta, unha das grandes películas dos últimos anos segundo todos os críticos. Esta película recurre as recursos do gran cine do oeste, pero co aporte dunha ollada sobre a realidade social.