Ir al contenido principal

Entradas

Proxección 8 de abril

BÍCAME, PARVO Dirección: Billy Wilder. Guión: Billy Wilder e I.A.L. Diamond. Intérpretes: Dean Martin, Kim Novak, Ray Walston, Felicia Farr, Cliff Osmond, Mel Blanc, Henry Gibson, Barbara Pepper, James Ward, Doro Merande, Howard McNear, Tommy Nolan, Alice Pearce, John Fiedled, Clift Norton. Fotografía: Joseph LaShelle. Produción: Billy Wilder. Música: André Previn. Montaxe: Daniel Mandell.  Asistente de dirección: Charles C. Coleman Dirección artística: Robert Luthardt Duración: 126 min. SINOPSE Un fachendoso e vividor crooner [cantante melódico] (Dean Martin) que acaba de finalizar un período de actuacións en Las Vegas, Nevada, montará no seu flamante coche para se dirixir a Hollywood, coa pretensión de actuar nunha película e pór a súa voz nalgún que outro programa televisivo. Para a súa desgraza, a estrada estará cortada, tendo que dar un rodeo por unha viliña asentada no medio do deserto chamada Climax. Alí, unha parella de amantes da boa música ...

Proxección do 1 de abril

PAN NEGRO Dirección: Agustí Villaronga. Guión: Agustí Villaronga; baseado na novela de Emili Teixidor.. Intérpretes: Francesc Colomer (Andreu), Marina Comas (Nuria), Nora Navas (Florencia), Roger Casamajor (Farriol), Lluïsa Castell (Ció), Marina Gatell (Enriqueta), Laia Marull (Pauleta), Eduard Fernández (mestre), Sergi López Fotografía: Antonio Riestra. Produción: Isona Passola. Música: José Manuel Pagán. Montaxe: Raúl Román. Vestiario: Mercè Paloma. Duración: 108 min. (alcalde). SINOPSE Nos duros anos da posguerra rural en Cataluña, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren cargarlle as mortes ao seu pai, pero el, para axudarlle, tenta pescudar quen son os auténticos responsables. Neste percorrido, Andreu desenvolve unha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces e acaba descubrindo ...
Trailer da película Un profeta, unha das grandes películas dos últimos anos segundo todos os críticos. Esta película recurre as recursos do gran cine do oeste, pero co aporte dunha ollada sobre a realidade social.

PROXECCIÓN DO 25 DE MARZO

UN PROFETA Dirección: Jacques Audiard.  Guión: Jacques Audiard, Thoma Bidegain Intérpretes: Niels Arestrup (César Luciani), Antoine Basler (Pilicci), Tahar Rahim (Malik O Djebena), Adel Bencherif (Ryad), Hichem Yacoubi (Reyeb), Reda Kateb (Jordi), Jean-Philippe Ricci (Vettori), Pierre Leccia (Sampierro), Foued Nassah (Antaro) Fotografía: Stéphane Fontaine.  Música: Alexandre Desplat Duración: 150 min. SINOPSE   Condenado a seis anos de prisión, Malik O Djebena non pode ler nin escribir. Cando chega a prisión completamente só, parece máis novo e fráxil que os outros convictos. Ten 19 anos. Arrinconado polo xefe da banda Corsican, que é a que manda na prisión, encomendanselle unha serie de misións que debe cumprir para facerse máis forte e gañar a confianza do líder. Malik é valente e aprende rápido, e mesmo se atreve a desenvolver os seus propios plans.
No âmbito dos XI Encontros de Cinema de Viana (de 02 a 09 de Maio), e com o objectivo de promover o documentarismo, vai ter lugar uma secção competitiva que atribuirá o Prémio 1ºOLHAR (€1000), o 1ºOLHAR /Cineclubes (€1000), atribuído pela Federação Portuguesa e pela Federação Galega de Cineclubes, o 1ºOLHAR /IBERTELCO em material audiovisual a atribuir pela Ibertelco (€800), e o 1ºOLHAR /IPJ em material audiovisual a atribuir pelo Instituto Português da Juventude (€350), ao melhor documentário realizado por alunos das escolas de cinema, de audiovisuais ou cursos na área da Comunicação, e a participantes em cursos de documentarismo promovidos por outras entidades, de Portugal e da Galiza. As candidaturas podem ser efectuadas até ao dia 31de Março de 2011 . REGULAMENTO + FICHA DE INSCRIÇÃO disponíveis em www.ao-norte.com

Ascensor para o cadalso

<br&amp...

Proxección 11 de marzo

ASCENSEUR POR L'ECHAFAUD Dirección e guión: Louis Malle.   Guión: Louis Malle e Roger Nimier . Basado nunha novela de Noël Calef Intérpretes: Maurice Ronet, Jeanne Moreau, Georges Poujouly, Liño Ventura, Jean Wall, Jean-Claude Brialy Fotografía: Henri Decaë. Música: Miles Davis Produción: Janine Jackowski, Dirk Engelhardt y Maren Ade Montaxe: Léonide Azar. Duración: 90 min. SINOPSE Florence, esposa dun rico e poderoso industrial, Simon Carala, namórase dun empregado deste, Julien. Entre os dous amantes deciden asasinar o esposo, e Julien prepara un crime perfecto con coartada para os dous, e con todas as apariencias dun suicidio. O asasinato lévase a cabo, pero mentres tanto, unha parella de namorados, Veronique e Louis rouban o coche de Julien e vanse a pasar uns días cuns amigos alemáns aos que Louis primeiro odia edespois pasa a temer, porque se decataron de que o coche é roubado. Utilizando a pistola que Julien levaba no coche, Louis dá morte a un dos alem...