Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 25 de febreiro

ENTRE NÓS (Alle anderen) ,   Dirección e guión: Maren Ade. Intérpretes: Birgit Minichmayr (Gitti), Lars Eidinger (Chris), Hans-Jochen Wagner (Hans), Nicole Marischka (Sana), Mira Partecke, Atef Vogel, Paula Hartmann (Rebecca), Carina Wiese (Chris). Fotografía: Bernhard Keller. Produción: Janine Jackowski, Dirk Engelhardt y Maren Ade Montaxe: Heike Parplies. Duración: 119 min. SINOPSE   Gitti e Chris son unha parella nova en vacacións na illa de Sardeña. Debido a un suceso aparentemente insignificante -o encontro con outra parella- a súa relación empeza a abanear. Con todo a Hans e a Sana non lles vai moito mellor, xa que tras a súa fachada de parella moderna esconden unha distribución convencional de roles entre o home e a muller. Chris empeza a imitar os comportamentos da outra parella e tenta mostrarlle á súa caprichenta moza os seus límites, co que a confianza de Gitti no seu mozo sofre unha profunda sacudida. O seu intento de adaptarse aos desexos del empeza ...

Proxección do 11 de febreiro

TWO LOVERS Dirección: James Gray. Guión: James Gray e Richard Menello. Intérpretes: Joaquin Phoenix (Leonard Kraditor), Gwyneth Paltrow (Michelle Rausch), Vinessa Shaw (Sandra Cohen), Isabella Rossellini (Ruth Kraditor), Elias Koteas (Ronald Blatt), John Ortiz (José Cordeiro), Moni Moshonov (Reuben Kraditor), Julie Budd (Carol Cohen), Bob Ari (Michael Cohen). Fotografía: Joaquin Baca-Asay. Produción: Donna Gigliotti, James Gray e Anthony Katagas. Duración: 110 min. AUDITORIO MUNICIPAL CANGAS                                                                          21 HORAS SINOPSE Two lovers é un drama romántico clásico enmarcado no mundo pechado de Brighton Beach, Brooklyn. Narra a historia de Leonard, un mozo aposto aínda que trastornado, que regresa ao fogar da súa infancia tras fracas...

Película do 28 de xaneiro

A PROPÓSITO DE ELLY (Irán) Dirección: Asghar Farhadi. Guión: Asghar Farhadi. Intérpretes: Golshifteh Farahani (Sepideh), Taraneh Alidousti (Elly), Mani Haghighi (Amir), Shahab Hosseini (Ahmad), Merila Zarei (Shohreh), Peyman Moadi (Peyman), Rana Azadivar (Nassi), Ahmad Mehranfar (Manouchehr), Saber Abar (Alireza). Fotografía: Hossein Jafarian. Duración: 118 min. SINOPSE Despois de residir durante anos en Alemaña, Ahmad decide pasar uns días en Irán, o seu país natal. Os seus antigos amigos e compañeiros de universidade organizan unha estancia de tres días a beiras do mar Caspio. Sepideh, unha muller de carácter alegre, ocúpase da organización. Sen consultar aos demais, decidiu convidar a Elly, a xove mestra da súa filla. Ahmad acaba de divorciarse dunha alemá e está a desexar refacer a súa vida cunha muller iraniana. Aos poucos, todos se decatan de que Sepideh convidou a Elly por unha razón, e empezan a fixarse nela e a gabar as súas múltiples calidades. O segundo día, cando...

Proxección 14 de xaneiro

AIR DOLL Dirección:   Hirokazu Kore-eda Guión:   Hirokazu Kore-eda; baseado no manga “A figura pneumática dunha moza” de Yoshiie Gouda. Intérpretes:   Bae Du-na (moneca inchable), Arata (Junichi), Itao Itsuji (Hideo), Joe Odagiri (Sonoda), Sumiko Fuji (Chiyoko), Masaya Takahashi (Keiichi), Susumu Terajima (Todoroki), Kimiko Yo (Yoshiko), Ryo Iwamatsu (Samezu), Mari Hoshino (Miki). Fotografía: Mark Lee Ping-bing. Música:   World’s End Girlfriend. Duración: 125 min. Hideo, que vive só, ten unha boneca inchable que de súpeto ten un corazón. Todo é novo para ela no mundo fóra da casa de Hideo. Coñece a todo tipo de xente. O mundo está cheo de moitas cousas fermosas, pero todas as persoas parecen estar tan baleiras por dentro como ela mesma. Pola mañá, ínflase a si mesma e vai dar un paseo. Coñece a Junichi, un vendedor, do que se namora inmediatamente. Van ao cinema, percorren a cidade xuntos, como dous noivos. Todo é marabilloso ata que se corta a man accident...

Programación pechada para o 1º trimestre de 2011

O 14 de xaneiro comeza un novo ciclo de proxeccións. Etará composto por 6 películas de nacionalidades moi diversas. Temos unha película alemana, outra iraniana, outra xaponesa, dúas francesas e unha estadounidense 14 de xaneiro AIR DOLL de Kore-Eda  28 de xaneiro A PROPÓSITO DE ELLY de Darbareye Elly 11 de febreiro TWO LOVERS de James Gray 25 de febreiro ENTRE NÓS de Maren Ade (Gran Premio do xurado á mellor película e Oso de prta á mellor actriz na Berlinale 2009 11 de marzo ASCENSOR PARA O CADALSO de Louis Malle 25 de marzo UN PROFETA de Jacques Audiard

Proxección do 10 de decembro. TULPAN

L e m b r a . O X O V E S t e m o s c u r t a s de an im ac ió n Dirección:   Sergey Dvortsevoy. Guión:   Sergey Dvortsevoy e Gennady Ostrovskiy . Intérpretes:   Askhat Kuchinchirekov (Asa), Samal Yeslyamova (Samal), Ondasyn Besikbasov (Ondas), Tulepbergen Baisakalov (Boni), Bereke Turganbayev (Beke), Nurzhigit Zhapabayev (Nuka). Fotografía: Jola Dylewska. Música:   . Duración: 10 0 min. Festival de Cannes 2008. Premio Un certain regard. Festival de Xixón 2008. Premio Mellor Director. Festival de Montreal 2008. Premio Mellor Película      Tras finalizar o seu servizo militar na armada, Asa, un mozo, disponse a regresar ao seu lugar de nacemento na agreste estepa de Kazajistán. Alí vive a súa irmá mais vella co seu marido, dedicados á única ocupación posible naquel lugar: os rabaños de ovellas. Daqueles aprende que, se quere dedicarse ao gando e ter a súa propia gandar...

Animación con plastilina