Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 19 de novembro. IN THE LOOP

Dirección:   Armando Iannucci Guión:     Armando Iannucci, Simon Blackwell, Jesse Armstrong. Intérpretes:   James Gandolfini (Lt. Gen. George Miller), Gina McKee (Judy Molloy), Tom Hollander (Simon Foster), Peter Capaldi (Malcolm Tucker), Anna Chlumsky (Liza Weld), Mimi Kennedy (Karen Clarke), Enzo Cilenti (Bob Adriano), Paul Higgins (Jamie MacDonald), Chris Addison (Toby Wright) Fotografía: Jamie Cairney. Música:   Adem Ilhan e Elysian Quartet . Duración:     109 min .   SINOPSE O Presidente de EE.UU. e o Primeiro Ministro británico decidiron iniciar unha nova guerra en Oriente Medio, aínda que esta vez prometeron ser máis rápidos que en anteriores ocasións. Este obxectivo non convence ao xeneral estadounidense George Miller e moito menos ao Secretario de Estado británico para o desenvolvemento internacional, Simon Foster. Con todo, por unha serie de accidentadas circunstancias, Simon vai apoiar a acción militar por televisión, gañando...

Proxección 5 de novembro

HONEYMOONS Dirección: Goran Paskaljevic Guión: Goran Paskaljevic e Genc Permeti. Intérpretes: Lazar Ristovski (Verin stric), Petar Bozovic (Verin otac), Danica Ristovski (Verina majka), Mira Banjac (Stana), Nebojsa Milovanovic (Marko), Jelena Trkulja (Vera), Jozef Shiroka (Nik), Mirela Naska (Maylinda), Bujar Lako (Nikov otac), Yllka Mujo (Nikova majka) Fotografía: Milan Spasic. Música: Rade Krstic . Duración: 92 min. Espiga de ouro Seminci 2009 SINOPSE Coa esperanza dunha vida mellor, dúas  parellas novas abandonan os seus respectivos países. Melinda e Nik abandonan Albania para dirixirse en barco a Italia, onde esperan vivir o seu amor prohibido. Vera e Marko deixan Serbia por tren en dirección a Austria, atravesando Hungría. Marko, un violoncelista de gran talento, ten a oportunidade de entrar na Orquestra Filarmónica de Viena. Pero os problemas empezan ao chegar á fronteira, aínda que teñen os papeis en orde. A pesar de que non teñen nada que ver cun grave incid...

Proxección do 22 de outubro. YUKI E NINA

YUKI E NINA Dirección: Hippolyte Girardot, Nobuhiro Suwa Guión: Hippolyte Girardot, Nobuhiro Suwa. Intérpretes: Hippolyte Girardot (Frédéric), Noë Sampy (Yuki), Arielle Moutel (Nina), Tsuyu (Jun), Marilyne Canto (Camille), Jean-Paul Girardot (O avó), Koko Mori ( anciá) Fotografía: Josée Deshaies. Música: Lily Margot, Doc Mateo. Duración: 92 min. SINOPSE  Ao seus nove anos, Yuki está afeita a vivir en París, pero a separación dos seus pais pode afastala de todo o que coñece. Filla dunha xaponesa e un francés, a pequena veríase obrigada a vivir coa súa nai en Xapón, deixando atrás á súa mellor amiga, Nina. As dúas nenas non están dispostas a separarse, así que idean plans para que os pais de Yuki se reconcilien e volvan estar xuntos. Cando todo iso falle, a única saída que lles quedará será fuxir e esconderse no bosque.

RESPOSTA DE ZEITUN FILMS

A produtora da película de Oliver Laxe acaba de respondernos á petición que lle fixeramos para proxectar en formato DVD a película Todos vós sodes capitáns .  Coméntanos que de momento están tentando realizar a distribución na rede comercial e en canto estea disponible no formato dixital darannos a información. Mala sorte, alomenos de momento.

As películas do trimestre

Día 22 de outubro Yuki e Nina  Día 5 de novembro Honeymoons Día 19 de novembro In the loop Día 10 de decembro Tulpan