Ir al contenido principal

Entradas

Programación de outono

A pesar de que o Concello aínda non nos pagou nada do que nos debe, volvemos a programar un novo ciclo. Esperamos que a programación sexa do voso interese e lembrade que estamos abertos a calquera proposta que nos queirades facer chegar a través do correo electrónico ou comentario no blog. Iso si, se nos lembramos de abrilo. Recibimos algunha proposta dos socios, algunhas non puidemnos atendelas porque había películas xa proxectadas ou porque as críticas que limos non as deixaban en bo lugar, ou simplemente porque nos foi imposible atopalas en distribución comercial. A todos grazas porque a axuda é valiosa e queremos facer unha programación contado coa opinión dos afeccionados e con calidade. Estes tres primeiros meses van quedar deste xeito: 22 de outubro: Yuki e Nina 5 novembro: Honeymoons 19 novembro: In the loop 10 decembro: Tulpan  Estamos en trámites para poder proxectar a partir de xaneiro a pelñicula do director galego Oliver Laxe premiada no último Festival de Cannes....

Película do 18 de xuño

FÁLAME DA CHOIVA Dirección: Agnès Jaoui. Intérpretes: Agnès Jaoui (Agathe Villanova), Jean-Pierre Bacri (Michel Ronsard), Jamel Debbouze (Karim), Pascale Arbillot (Florence), Guillaume de Tonquedec (Stéphane), Frédéric Pierrot (Antoine), Mimouna Hadji (Mimouna), Florence Loiret-Caille (Aurélie), Anne Werner (Séverine), Laurent Jarroir (Guillaume). Guión: Agnés Jaoui e Jean-Pierre Bacri. Produción: Jean-Philippe Andraca e Christian Bérard. Montaxe: François Gédigier. Fotografía: David Quesemand. Música: Beto Villares. Duración: 110 min. SINOPSE Agathe Villanova, unha muller feminista recén dedicada á política, regresa durante uns días á súa vila natal no sur de Francia para tomar un descanso e, de paso, axudar á súa irmá Florence a ordenar as pertenzas da súa nai, falecida hai pouco. Na casa, ademais da familia da irmá, vive unha asistenta alxerina, Mimouna e o seu fillo, Karim, que decide realizar xunto co seu amigo Michel, director de cinema en decli...

Cambio de película

Como sucede con certa frecuencia, o retraso na estrea en formato dixital da película prevista para o día 18 de xuño, obríganos a cambiala pola película francesa Fálame da choiva, da directora Agnes Jaoui. En breve faremos unha anotación con todos os datos.

Película do 28 de maio

O ANO EN QUE MEUS SAÍRON DE VACACIÓNS Dirección: Cao Hamburger. Intérpretes: Michel Joelsas (Mauro), Daniela Piepszyk (Hanna), Germano Haiut (Shlomo), Paulo Autran (Mótel), Caio Blat (Ítalo), Simone Spoladore (Bia), Eduardo Moreira (Daniel), Liliana Castro (Irene), Rodrigo dos Santos (Edgar). Guión: Cláudio Galperin, Bráulio Mantovani, Anna Muylaert e Cao Hamburger. Produción: Fabiano Gullane, Caio Gullane e Cao Hamburger. Montaxe: Rick Shaine. Fotografía: Adriano Goldman. Música: Beto Villares. Duración: 105 min. SINOPSE En 1970, as preocupacións de Mauro (Michel Joelsas), un neno de 12 anos, non teñen nada que ver co réxime militar que controla Brasil. O seu maior soño é ver a selección de fútbol gañar o seu terceiro Mundial. De repente, Mauro é separado dos seus pais e levado a vivir á comunidade de Bom Retiro, un distrito en São Paulo onde residen, sobre todo, xudeus e italianos. A ditadura militar ameaza á poboación, pero Mauro, de 12 anos, está máis interesado en ver a s...