Ir al contenido principal

Entradas

Película do 28 de maio

O ANO EN QUE MEUS SAÍRON DE VACACIÓNS Dirección: Cao Hamburger. Intérpretes: Michel Joelsas (Mauro), Daniela Piepszyk (Hanna), Germano Haiut (Shlomo), Paulo Autran (Mótel), Caio Blat (Ítalo), Simone Spoladore (Bia), Eduardo Moreira (Daniel), Liliana Castro (Irene), Rodrigo dos Santos (Edgar). Guión: Cláudio Galperin, Bráulio Mantovani, Anna Muylaert e Cao Hamburger. Produción: Fabiano Gullane, Caio Gullane e Cao Hamburger. Montaxe: Rick Shaine. Fotografía: Adriano Goldman. Música: Beto Villares. Duración: 105 min. SINOPSE En 1970, as preocupacións de Mauro (Michel Joelsas), un neno de 12 anos, non teñen nada que ver co réxime militar que controla Brasil. O seu maior soño é ver a selección de fútbol gañar o seu terceiro Mundial. De repente, Mauro é separado dos seus pais e levado a vivir á comunidade de Bom Retiro, un distrito en São Paulo onde residen, sobre todo, xudeus e italianos. A ditadura militar ameaza á poboación, pero Mauro, de 12 anos, está máis interesado en ver a s...

Película do 30 de abril

AMAZING GRACE Dirección: Michael Apted. Guión: Steven Knight. Intérpretes: Ioan Gruffudd (William Wilberforce), Romola Garai (Barbara Spooner), Youssou N'Dour (Olaudah Equiano), Albert Finney (John Newton), Benedict Cumberbatch (William Pitt), Michael Gambon (lord Fox), Rufus Sewell (Thomas Clarkson), Ciarán Hinds (lord Tarleton), Toby Jones (duque de Clarence), Nicholas Farrell (Henry). Produción: : Edward Pressman, Terrence Malick, Patricia Heaton, David Hunt e Ken Wales. Montaxe: Rick Shaine. Fotografía: Remi Adefarasin. Música: David Arnold. Duración: 111 min. SINOPSE Baseada na vida do parlamentario británico William Wilberforce, pioneiro na loita contra a escravitude no século XVIII e cuns ideais que o enfrontaron a algúns dos homes máis poderosos da época. William era un brillante e carismático político británico de tan só 21 anos. A súa vida experimenta un xiro cando coñece a un antigo escravo e por primeira vez é consciente da desalentadora realidade da...

Proxección do 23 de abril

A CAIXA DE PANDORA Dirección: Yeşim Ustaoğlu. Guión: Arnaud Desplechin e Emmanuel Bourdieu. Intérpretes: Tsilla Chelton (Nusret), Derya Alabora (Nesrin), Onur Ünsal (Murat), Övül Avkiran (Güzin), Osman Sonant (Mehmet), Tayfun Bademsoy (Faruk). Guión: Yeşim Ustaoğlu e Selma Kaygusuz. Montaxe: Franck Nakache.e Fotografía: Jacques Besse. Música: Jean-Pierre Mas. Duración: 112 min. SINOPSE Nusret (Tsilla Chelton) desaparece nos bosques que rodean a súa tranquila casa nunha pequena vila turca. Alarmados, os seus tres fillos, Nesrin (Derya Alabora), Güzin (Övül Avkiran) e Mehmet (Osman Sonant) acoden na súa busca. Cando a localizan, deciden levala con eles a Istambul, desatando reaccións contraditorias entre todos eles, un choque entre un pasado que volve con forza e un presente frustrante que terá consecuencias imprevisibles

Proxección do 9 de abril

Por esixencia da dirección do auditorio, debemos realizar uns cambios nas datas de programación que afectan á proxección prevista para o día 9 de abril que pasa a realizarse o 23 do mesmo mes. Deixámosvos información da película para que vaiades abrindo apetito. UN CONTE DE NOËL Dirección: Arnaud Desplechin. Guión: Arnaud Desplechin y Emmanuel Bourdieu. Intérpretes: Catherine Deneuve (Junon), Jean-Paul Roussillon (Abel), Anne Consigny (Elizabeth), Mathieu Amalric (Henri), Melvil Poupaud (Iván), Hippolyte Girardot (Claude), Emmanuelle Devos (Faunia), Chiara Mastroianni (Sylvia), Laurent Capelluto (Simon), Emile Berling (Paul). Montaxe: Laurence Briaud Fotografía: Eric Gautier. Música: Grégoire Hetzel Duración: 143 min. SINOPSE Abel e Junon Vuillard teñen dous fillos, Joseph e Elizabeth. Afectado por unha estraña enfermidade xenética, Joseph necesita un transplante de medula ósea. Elizabeth non é compatible e os seus pais deciden ter un terceiro f...

Proxección do 12 de marzo

LIVERPOOL Dirección: Lisandro Alonso. Guión: Lisandro Alonso e Salvador Roselli. Intérpretes: Juan Fernández (Farrel), Giselle Irrazabal (Analia), Nieves Cabrera (Trujillo). Montaxe: Lisandro Alonso, Fernando Epstein, Martin Mainoli e Sergi Dies. Fotografía: Lucio Bonelli. Música: Flormaleva. Duración: 84 min. Farrel é un mariñeiro dun barco que se aproxima ao porto de Ushuaia, no extremo sur da Arxentina, un territorio de beleza humillante e humanidade imposible, onde o tempo se detivo a forza de neve e frío. A chegada supón a paréntese dunha viaxe e o inicio doutra ben distinta: o traxecto da monotonía á incerteza. Decidiu visitar o lugar onde naceu. Quere saber da súa nai. Farrel traballou en barcos durante os últimos vinte anos da súa vida. Farrel sempre pagou as mulleres coas que estivo, non fixo amigos. De chegado a ese grupo de casas cubertas de neve onde viviu os seus primeiros anos, os recordos sobreveñen. Todo parece estar no seu sitio. Desde o exterior, a través...