Ir al contenido principal

Entradas

Proxección do 12 de marzo

LIVERPOOL Dirección: Lisandro Alonso. Guión: Lisandro Alonso e Salvador Roselli. Intérpretes: Juan Fernández (Farrel), Giselle Irrazabal (Analia), Nieves Cabrera (Trujillo). Montaxe: Lisandro Alonso, Fernando Epstein, Martin Mainoli e Sergi Dies. Fotografía: Lucio Bonelli. Música: Flormaleva. Duración: 84 min. Farrel é un mariñeiro dun barco que se aproxima ao porto de Ushuaia, no extremo sur da Arxentina, un territorio de beleza humillante e humanidade imposible, onde o tempo se detivo a forza de neve e frío. A chegada supón a paréntese dunha viaxe e o inicio doutra ben distinta: o traxecto da monotonía á incerteza. Decidiu visitar o lugar onde naceu. Quere saber da súa nai. Farrel traballou en barcos durante os últimos vinte anos da súa vida. Farrel sempre pagou as mulleres coas que estivo, non fixo amigos. De chegado a ese grupo de casas cubertas de neve onde viviu os seus primeiros anos, os recordos sobreveñen. Todo parece estar no seu sitio. Desde o exterior, a través...

Proxección do 5 de marzo

A CUESTIÓN HUMANA Premio de la Crítica no Festival de Sâo Paulo. Premio Mellor Actor e Mellor dirección artística no Festival Internacional de cine de Xixón. Dirección: Nicolas Klotz. Guión: Elisabeth Perceval; a partir da novela "La question humaine" de François Emmanuel. Intérpretes: Mathieu Amalric (Simon), Michael Lonsdale (Mathias Jüst), Laetitia Spigarelli (Louisa), Jean-Pierre Kalfon (Karl Rose), Valérie Dréville (Lynn Sanderson), Edith Scob (Lucy Jüst), Lou Castel (Arie Neumann), Delphine Chuillot (Isabelle), Rémy Carpentier (Jacques Paolini), Nicolas Maury (Tavera), Erwan Ribard (Miguel). Producción: Sophie Dulac y Michel Zana. Montaxe: Rose Marie Lausson. Fotografía: Josée Deshaies. Música: Syd Matters. Duración: 144 min. SINOPSE Simon (Mathieu Amalric) traballa como psicólogo no departamento de recursos humanos dunha gran multinacional petroquímica. O seu traballo consiste na reorganización de rayes e xogos de rol nos que ...

proxección do 26 de febreiro - 21 horas

SOÑOS DE MOCIDADE Dirección: Jan Svěrák. Guión: Zdeněk Svěrák. Intérpretes: Zdeněk Svěrák (Josef Tkaloun), Daniela Kolářová (Eliška), Tatiana Vilhelmová (Helenka), Jiři Macháček (Robert Landa), Pavel Landovský (Řezác), Jan Budař (Úlisný), Robin Soudek (Tomík), Nela Boudová (Ptácková), Miroslav Táborský (Šubrt).Producción: Fatih Akin, Klaus Maeck, Andreas Thiel, Sandra Harzer-Kux e Christian Kux. Producción: Jan Svěrák e Eric Abraham. Montaxe: Alois Fišárek. Fotografía: Vladimír Smutný. Música: Ondřej Soukup. Duración: 100 min. SINOPSE Josef (Zdenek Sverák) é un profesor de Literatura de secundaria que, ao darse conta un día de que xa non entende aos seus alumnos, abandona de inmediato o ensino. Isto supón un duro golpe para Eliška (Daniela Kolářová) a súa muller desde hai trinta anos, que agora ten ao seu irritable e rosmón compañeiro na casa todo o día. Con todo, Josef pensa que aínda ten moito que achegar á sociedade e que debería conseguir outro traballo. Ningún dos seus inte...

Proxección do 12 de febreiro

Dirección e guión: Fatih Akin Intervencións: Alexander Hacke, Baba Zula, Orient Expressions, Duman, Replikas, Erkin Koray, Ceza, Istanbul Style Breakers, Mercan Dede, Selim Sesler, Brenna MacCrimmon, Selim Sesler, Orhan Gencebay, Sezen Aksu. Producción: Fatih Akin, Klaus Maeck, Andreas Thiel, Sandra Harzer-Kux y Christian Kux. Montaxe: Andrew Bird Música: Alexander Hacke Duración: 92 min. SINOPSE Mentres compuña a banda sonora de “Contra a parede” en Estambul, Alexander Hacke, compoñente do vangardista grupo alemán Einstürzende Neubauten" durante máis de vinte anos, descubriu a cidade e a súa música. Entusiasmado, decidiu capturar a diversidade musical de Estambul para que se escoitara no Occidente, dende os sons electrónicos máis modernos, pasando polo rock e o hip-hop, ata a música árabe máis clásica. Fatih Atkin acompañouno nese percorrido coa súa cámara e filmou a escena musical dunha cidade cuxos habitantes aman a música. A base de Hacke...

Atención aos cambios de programación

Atención, cambios na programación. A imposibilidade de conseguir neste momento copias dalgunhas películas, obríganos a facer cambios: 12 de febreiro - Cruzando a ponte, os sons de Estambul (Crossing the bridge, the Sounds of Istambul) de Fatih Akin 26 de febreiro - S oños de mocedade de Jan Sverák 5 de marzo - A cuestión humana (La question humaine) de Nicholas Klotz 12 de marzo - Liverpool de Lisandro Alonso 9 de abril - Un conte de Noël de Annaud Desplechin 30 de abril - A caixa de Pandora de Yesim Ostaoglu 14 de maio - O ano em que meus pais saíram de férias de Cao Hamburger 28 de maio - Amazing Grace de Michael Apted 18 de xuño - Yuki e Nina de Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot 11 de xuño (data a confirmar) - Parlez-moi de la pluie de Agnès Jaoui

O cine que vai chegar

Estamos preparando a programación do vindeiro semestre que vai comezar o 12 de febreiro. Como vén ocorrendo nos últimos trinta anos, seguimos nas mesmas condicións que ata o de agora. Sen o equipamento prometido (Data límite o 31 de decembro), pero xa estamos afeitos. Que nos espera de aquí ao mes de xuño? Aínda que a programación non está totalmente confirmada, os cambios cremos que van ser poucos. 12 de febreiro - O ano em que meus pais saíram de férias de Cao Hamburger 26 de febreiro - Cruzando a ponte, os sons de Estambul (Crossing the bridge, the Sounds of Istambul) de Fatih Akin 5 de marzo - A cuestión humana (La question humaine) de Nicholas Klotz 12 de marzo - Amazing Grace de Michael Apted 9 de abril - S oños de mocedade de Jan Sverák 30 de abril - A caixa de Pandora de Yesim Ostaoglu 14 de maio - Un conte de Noël de Annaud Desplechin 28 de maio - Liverpool de Lisandro Alonso 18 de xuño - Yuki e Nina de Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot 11 de xuño (...