Ir al contenido principal

Entradas

Proxección 30 de outubro.

Dirección e guión: Mike Leigh Intérpretes: Sally Hawkins (Poppy), Alexis Zegerman (Zoe), Andrea Riseborough (Dawn), Samuel Roukin (Tim), Sinead Matthews (Alice) Música: Gary Yershon Fotografía: Dick Pope Duración: 118 min. Oso de prata na Berlinale á interpretación de Sally Hawkins HAPPY, UN CONTO SOBRE A FELICIDADE Poppy (Sally Hawkins) é unha profesora de primaria divertida, aberta e xenerosa. Un espírito libre que toma a vida tal e como vén, pero sempre con actitude positiva. Cando lle rouban a bici, decide que é o momento de sacar o carné de conducir. O seu profesor de autoescola é un tipo amargado e neurótico duns trinta anos que non encaixa moi ben co carácter aberto e falador de Poppy. Máis ben contrasta radicalmente coa natureza amable da súa alumna. Poppy ignorará os comentarios desagradables de Scott e tentará tomar a súa actitude con humor. Outras pelícluas de Mike Leigh : Grandes ambicións (1989), A vida é dóce(1990), Indefenso (1993), Segredos e mentiras (1996), Dúa...

Porxección do 16 de outubro.

Está película recibiu 27 premios internacionais, dos que o máis destacable é o Premio do Festival de Sundance. CAPITÁN ABU RAED Dirección e guión: Amin Matalqa Intérpretes: Nadim Sawalha (Abu Raed), Ra Sultan (Nour), Hussein Ao-Sous (Murad), Udey Ao-Qiddissi (Tareq), Ghandi Saber (Abu Murad) Música: Austin Wintory Fotografía: Reinhart "Rayteam" Peschke. Duración: 110 min. Abu Raed é un solitario membro do equipo de limpeza do aeroporto internacional de Ammán. Sempre quixo viaxar polo mundo, pero ao non poder facer realidade o seu soño, víveo a través de libros e de breves charlas con algún viaxeiro. Un día, atopa unha gorra de capitán nunha papeleira e un mozo do barrio velle con ela posta camiño de casa. Ao día seguinte, un grupo de nenos espéralle diante da porta, convencidos de que é piloto. Nace unha amizade entre o home e os nenos. Feliz de ter compañía, fai viaxar aos nenos polo mundo mediante historias inventadas. Con todo, Murad, un neno que sente rexeitado polo ...

Proxección 2 de outubro

Dirección e guión: Coline Serreau. Intérpretes: Marie Bunel (Mathilde), Artus de Penguern (Pierre), Jean-Pierre Darroussin (Claude), Pascal Légitimus (Guy), Muriel Robin (Clara), Marie Kremer (Camille), Flore Vannier-Moreau (Elsa), Aymen Saïdi (Ramzi), Nicolas Cazalé (Saïd). Produción : Charles Gassot e Jacques Hinstin. Música: Madeleine Besson, Sylvain Dubrez e Hugues Lle Bars. Fotografía: Jean-François Robin. Duración: 110 minutos Á morte da súa nai, dous irmáns e unha irmá decátanse de que só cobrarán a herdanza se van xuntos a pé desde Le Puy-en-Velay (Francia) ata Santiago de Compostela. O malo é que se odian entre si e odian andar. Pero o afán do diñeiro pode máis e ponse por fin en camiño. Reúnense co guía en Le Puy-en-Velay, onde descobren que irán cun grupo doutras seis persoas. O camiño é longo até Santiago de Compostela, e mentres percorremos con eles unhas espléndidas paisaxes, asistimos aos contratempos, enfados, amoríos, fantasías e vivencias dest...

Pásao

Desde hoxe, o cine club Cangas conta cun novo medio de comunicación cos socios e os afeccionados ao cine. Para que coñezades cal é a nosa programación e aportar dun xeito o máis áxil posible un coñecemento do que somos, do que queremos e do que non podemos facer. Animade este pequeno espazo para dar as vosas opinións e facer as vosas aportacións á programación.