Ir al contenido principal

Entradas

Nova web

  Toda a información referente ao cine club poderás atopala na nova web: cineclubcangas.gal

Proxección do 26 de maio de 2017

COMANCHERÍA ( Hell or High Water) Estados Unidos 2016 24 de maio 2017 21 horas. Auditorio de Cangas Dirección: David Mackenzie  Guion: Taylor Sheridan Fotografía: Giles Nuttgens Música: Nick Cave, Warren Ellis Intérpretes: Jeff Bridges, Chris Pine, Ben Foster, Gil Birmingham, Katy Mixon, Dale Dickey, Kevin Rankin, Melanie Papalia, Lora Martinez-Cunningham, Amber Midthunder, Dylan Kenin, Duración: 102 minutos SINOPSE Unha serie de pequenos bancos en Texas están a ser roubados por dous irmáns que tratan de recadar os fondos necesarios para salvar a granxa familiar. O Marshall da zona tratará de darlles caza. 'Comancheria'

Proxección do 12 de maio de 2017

A DONCELA (Ah-ga-ssi) (The Handmaiden)  Corea do Sur 2016 Dirección: Park Chan-wok. Guión: Park Chan-wook, Jung Seo-kyung (Novela: Sarah Waters) Intérpretes: Ha Jung-woo, Kim Min-hee, Jo Jin-woong, Kim Tae-ri, Moon So-ri, Kim Hae-suk. Música: Cho Young-wuk Fotografía: Chung Chung-hoon. Duración: 145 min. Festival de Sitges: Premio do Público Festival de Cannes: Sección oficial. National Board of Review (NBR): Mellores películas estranxeiras do ano. Critics Choice Awards: Nominada a mellor película de fala non inglesa Críticos de Los Angeles: Mellor película estranxeira e deseño de produción Satellite Awards: Nominada a mellor película de fala non inglesa SINOPSE Durante a colonización xaponesa dos anos 30, unha moza, Sookee é contratada como criada dunha muller nipona, Hideko, que vive recluída nunha mansión dominada por un tirano. Sookee garda un segredo e coa axuda dun estafador que se fai pasar por conde, planean facerse coa riqueza d...

A doncela (The Handmaiden)

Proxección do 28 de abril

OS EXAMES Baccalauréat (Romanía, Francia e Bélxica 2016) AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS        21 horas Direción e guión: Cristian Mungiu Intérpretes: Adrian Titieni, Maria-Victoria Dragus, Lia Bugnar, Malina Manovici, Vlad Ivanov, Rares Andrici. Montaxe: Mircea Olteanu. Fotografía: Tudor Vladimir Panduru Vestiario: Brandusa Ioan. Productoras: Les Films du Fleuve / Mobra Films / Why Not Productions. Duración: 128 min. Festival de Cannes: Mellor director (ex aequo) Premios César: Nominada á Mellor película estranxeira Premios do Cine Europeo: Nominada a mellor director e guión SINOPSE Romeo é un médico de case 50 anos que deixou atrás as ilusións relacionadas co seu matrimonio, agora acabado, e a súa Romanía, esnaquizada polos acontecementos. Para el todo o que importa agora é a súa filla de 18 anos. Tras os exames finais, a moza irá estudar a unha prestixiosa escola en Inglaterra. Na véspera do exame, a filla é atacada na rúa. ...

Proxección 21 de abril de 2017

A PRÓXIMA PEL (La propera pell) España, 2016 Dirección: Isa Campo e Isaki Lacuesta. Guion: Fran Araújo, Isa Campo, Isaki Lacuesta. Intérpretes: Àlex Monner, Sergi López, Emma Suárez, Igor Szpakowski, Mikel Iglesias, Greta Fernández. Duración: 102 minutos Goya mellor actriz de reparto a Emma Suárez Premio Gaudí á mellor película, mellor Guión e mellor actriz (Emma Suárez) Premio Sant Jordi 2017 á mellor película española Premio Días de Cine 2017 mellor Actriz a Emma Suárez Festival de Málaga 2016: Mellor Dirección (Isa Campo e Isaki Lacuesta), Mellor Actriz (Emma Suárez), Mellor Montaxe (Domi Parra), Premio Especial do Xurado, Premio da crítica e Premio do Xurado Xove. Karlovy Vary International Film Festival 2016. Sinopse Un adolescente desaparecido retorna á casa despois de oito anos, cando xa todo o mundo o daba por morto e reintégrase a unha vida familiar marcada pola súa desaparición. Irá xurdindo a dúbida de se é realmente o neno desaparecido ou un imp...

Programación primavera

21 de abril A próxima pel 28 de abril Os exames 12 de maio A doncela 26 de maio Comanchería 9 de xuño  Psiconautas

Proxección do 24 de marzo

MARÍA (E OS DEMAIS) 24 de marzo. 21 horas Auditorio Municipal de Cangas Dirección: Nely Reguera Guion: Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Nely Reguera, Roger Sogues, Valentina Viso Intérpretes: Bárbara Lennie, José Ángel Egido,Rocío León, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez, Aixa Villagrán, Marina Skell, Xulio Abonjo, Miguel de Lira... Fotografía: Aitor Echeverría Duración: 96 min Premios Goya: Nominada á Mellor actriz protagonista, mellor directora novel Premio Feroz: Mellor actriz SINOPSE: Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de se atrever a vivir a súa propia vida. 'María y los demás'

Proxección do 10 de marzo

ENTRE DOUS MUNDOS Israel, 2016 Direción e guión: Maysaloun Hamoud Música: Mg Saad Fotografía: Itay Gross Intérpretes: Mouna Hawa, Shaden Kanboura, Sana Jammalieh Duración: 96 min. Salma, Laila e Nur nunca encaixarán. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, mais como mozas palestinas, pronto se decatarán de que non é doado chegar a unha relación escollida por elas. Terán que escoller o seu sitio no mundo, ben na cidade, ben nas súas vilas. Festival de Toronto: Premio NETPAC (Mejor film asiático) Festival de San Sebastián: Premio TVE 'Otra mirada' O feminismo de Oriente Próximo. Por Alejandro Chacón. Os interrogantes.com ... A historia que nos presenta Hamoud non é só unha alegación pola liberdade da muller, senón que na súa axustada metraxe, de aproximadamente hora e media, é capaz de reflectir moitas das problemáticas de Israel e o Oriente Pr...

Proxección do 24 de febreiro de 2017

O PORVIR (L'avenir. Francia, 2016) VENRES, 24 DE FEBREIRO DE 2017 AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.  21 horas Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Produción: Rebecca O’Brien Fotografía: Denis Lenoir Música: Raphael Hamburger Intérpretes: Isabelle Huppert, Edith Scob, Roman Kolinka, André Marcon, Sarah Le Picard, Solal Forte, Elise Lhomeau, Lionel Dray, Marion Ploquin Duración: 100 min. Berllinale: Sección Oficial. Círculo de críticos Nova York e Los Ángeles: Mellor actriz Isabelle Huppert SINOPSE Nathalie, escritora e profesora de filosofía, que reparte o seu tempo entre os fillos, o traballo e unha nai posesiva, vese obrigada a reconstruír a súa vida cando o seu home lle comunica que a vai deixar por outra muller. O TEMPO DA RESISTENCIA Jordi Costa. El País Unha elipse deliberadamente vaga “uns cuantos anos despois” separa o prólogo desta película do corpo do seu relato, onde unha profesora de filosofía, encarnada ...

Película do 10 de febreiro de 2017

EU, DANIEL BLAKE (I, Daniel Blake) Auditorio Municipal de Cangas.    21 horas Dirección: Ken Loach Guión: Paul Laverty Produción: Rebecca O’Brien Director de fotografía : Robbie Ryan Montaxe: Jonathan Morris Música: George Fenton Intérpretes: Dave Johns ( Daniel Blake) ,  Hayley Squires  ( Katie ),   Dylan McKiernan  ( Dylan ), Briana Shann ( Daisy) , Kate Rutter ( Ann) , Sharon Percy ( Sheila) , Kema Sikazwe ( China) Duración: 100' SINOPSE Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudar...

Proxección 27 de xaneiro

REGRESO Á CASA Gui lai China, 2014 21 horas.  Auditorio Municipal de Cangas Director: Zhang Yimou Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling) Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi Música: Chen Qijang Fotografía: Zhao Xiaoding Duración: 109 min. SINOPSE Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista.  A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao.  Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba...

Proxección 20 de xaneiro de 2017

CORAZÓN XIGANTE (FUSI) Venres 20 de xaneiro.    21 horas.  Auditorio de Cangas Islandia, 2014. Dirección: Dagur Kári. Guion: Dagur Kári. Intérpretes: Gunnar Jónsson, Ilmur Kristjánsdóttir, Sigurjón Kjartansson y Franziska Una Dagsdóttir. Fotografía: Rasmus Videbaek Música: Yoshihiro Hanno Duración: 94' PREMIOS TRIBECA 2015, Mellor película, actor e guión. SEMINCI Valladolid 2015, Mellor actor SINOPSE: Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado con sobrepeso que nunca tivo noiva e está só interesado polas batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento onde vive coa súa nai. Un día recibe un abono para acudir a unha escola de baile, onde coñece a Sjöfn, unha muller solitaria, como el, e con profundas feridas psicolóxicas. Fúsi - Tráiler español por keane43