O PORVIR (L'avenir. Francia, 2016) VENRES, 24 DE FEBREIRO DE 2017 AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS. 21 horas Dirección: Mia Hansen-Løve. Guión: Mia Hansen-Løve. Produción: Rebecca O’Brien Fotografía: Denis Lenoir Música: Raphael Hamburger Intérpretes: Isabelle Huppert, Edith Scob, Roman Kolinka, André Marcon, Sarah Le Picard, Solal Forte, Elise Lhomeau, Lionel Dray, Marion Ploquin Duración: 100 min. Berllinale: Sección Oficial. Círculo de críticos Nova York e Los Ángeles: Mellor actriz Isabelle Huppert SINOPSE Nathalie, escritora e profesora de filosofía, que reparte o seu tempo entre os fillos, o traballo e unha nai posesiva, vese obrigada a reconstruír a súa vida cando o seu home lle comunica que a vai deixar por outra muller. O TEMPO DA RESISTENCIA Jordi Costa. El País Unha elipse deliberadamente vaga “uns cuantos anos despois” separa o prólogo desta película do corpo do seu relato, onde unha profesora de filosofía, encarnada ...