REGRESO Á CASA Gui lai China, 2014 21 horas. Auditorio Municipal de Cangas Director: Zhang Yimou Guión: Zhou Jingzhi (Novel: Yan Geling) Intérpretes: Gong Li, Chen Daoming, Zhang Huiwen, Guo Tao, Yan Ni, Li Chun, Zhang Jiayi,Liu Peiqi, Ding Jiali, Xin Baiqing, Zu Feng, Chen Xiaoyi Música: Chen Qijang Fotografía: Zhao Xiaoding Duración: 109 min. SINOPSE Lu Yanshi é detido en pleno apoxeo da Revolución Cultural en China. A súa muller, a profesora Feng Wanyu, e a súa filla deben enfrontarse a esta realidade. Así, a nena empeza a entregarse á danza e esfórzase por facerse cun papel protagonista. A principios dos anos setenta, tras anos sen ver á súa familia, Lu Yanshi consegue escapar dun campo de traballo. Tenta volver ver os seus seres queridos, pero a súa filla -por medo a que o reencontro afecte á súa carreira como bailarina- evítao. Tempo despois poderá finalmente estar coa súa muller, aínda que non nas circunstancias que imaxinaba...