A ACADEMIA DAS MUSAS (La academia de las musas) Auditorio de Cangas, 22 de abril ás 21 horas Dirección e guión: José Luis Guerín. Intérpretes: Raffaele Pinto, Emanuela Forgetta, Rosa Delor Muns, Mireia Iniesta, Patricia Gil,Carolina Llacher, Juan Rubiño, Giulia Fedrigo, Giovanni Masia, Gavino Arca Música: Camilo Froideval. Fotografía: José Luis Guerín. Montaxe: José Luis Guerín. Duración: 92 min. SINOPSE Universidade de Barcelona. Un profesor italiano imparte unha clase nun posgrao de Filoloxía acerca das musas e a súa influencia, particularmente na Divina Comedia, de Dante. Os seus alumnos, e sobre todo as súas alumnas, interactúan mentres José Luís Guerín, creador deste fascinante experimento cinematográfico, fílmaos con realismo, sen alharacas formais. Coa mesma naturalidade que levou ao director catalán a capturar a transcendente sinxeleza do discurso social na vida do barrio de En construción, a cámara de A academia das musas transcende até o milagre. Porque a teo...