AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS. 29 DE XANEIRO, 21 Horas. Dirección e guión: Asier Altuna. Fotografía: Javier Agirre. Intérpretes: Iraia Elias, Amparo Badiola, Ander Lipus, Kandido Uranga, Manu Uranga, Klara Badiola, Nagore Aranburu. Duración: 113 min. SINOPSE Un caserío no medio dun mesto bosque, cos seus costumes consuetudinarios escritos coa seiva das árbores que o arrodean. A casa familiar nunca se vai dividir, o primeiro fillo varón quedará con ela, e o resto dos fillos terán que buscar a vida lonxe del. Despois de séculos de funcionamento, este, na medida do posible, actualizouse, permitindo hoxe escoller quen herdará o caserío. Unha familia con tres irmáns, cada un coa súa árbore plantada e marcada con pintura para indicar o seu carácter: o vermello para a coraxe do irmán máis vello, o branco para o vago e o negro para a moza rebelde. Pero a vida fai que os primeiros irmáns marchen do caserío, deixando soa a ovella negra da familia, a única muller, artis...