WHIPLASH VENRES, 27 DE NOVEMBRO, 21 H. Auditorio Municipal de Cangas Dirección e guión: Damian Chazelle. Intérpretes: Miles Teller, J.K. Simmons, Melissa Benoist, Austin Stowell, Nate Lang, Chris Mulkey. Fotografía: Sharone Meir. Produción: Hiroshi Fukasawa e Hiroyuki Saito. Música: Justin Hurwitz. Montaxe: Tom Cross. Duración: 107 min. SINOPSE A meta de Andrew Neiman, un xove baterista de jazz admirador do estilo de Buddy Rich, é triunfar no elitista Conservatorio de Música Nova York. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher (J.K. Simmons), un profesor coñecido tanto polo seu talento como temido pola súa crueldade cos alumnos, dirixe unha das máis prestixiosas big Band do país. Cando Fletcher elixe a Andrew para formar parte do grupo, a vida do mozo cambiará. CRÍTICAS "Contada podería pasar por unha película xa vista. E con todo, algo estraño, por primario, arrastra ao espectador até o ...