5 de decembro O FILLO DO OUTRO Dirección: Lorraine Lévy. Intérpretes: Emmanuelle Devos (Orith), Pascal Elbé (Alon), Jules Sitruk (Joseph), Mehdi Dehbi (Yacine), Areen Omari (Leïla), Khalifa Natour (Saïd). Montaxe: Sylvie Gadmer. Produción: Raphaël Berdugo y Virginie Lacombe. Guión: Lorraine Lévy, Nathalie Saugeon e Noam Fitoussi; basado nun argumento de Noam Fitoussi. Fotografía: Emmanuel Soyer. Música: Dhafer Youssef. Duración: 105 min. SINOPSE Cando se prepara para entrar no exercito israelí, Joseph descobre que non é fillo biolóxico dos seus pais. Ao nacer, no medio da guerra, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o bebé dunha familia palestina que vive nos territorios ocupados de Cisxordania. O mundo derrúbase arredor destas dúas familias. O rexeitamento, a dúbida, a perda de identidade, os prexuízos de raza e relixión eríxense como espiñenta barreira nas súas vidas, e todos deberán tentar superala a través da comprensión, a amizade e a reconciliac...