Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

PROGRAMACIÓN CASE COMPLETA

Estamos pechando a programación do outono entres agardamos que se dote o Auditorio dun equipamento que nos permita mellorar a cualidade das proxeccións. Será este ano? Pero como non imos quedar parados, preparamos unha serie de títulos que pensamos que por variados e a cualidade das películas poden ser atractivas. Empezaremos con Nebraska, un título co que a crítica se amosou unánime ao consideralo escepcional. Teremos tamén unha visión da problemática dos pais e os fillos na película de Kore Eda, De tal pai tal fillo, e en O fillo do outro, de Lorraine Levy, aínda que neste caso teña o engadido do conflito entre Israel e Palestina. Esta última pechará a programación.  Pero antes teremos a oportunidade de ver a despedida de Miyazaki do exercicio da dirección coa obra mestra "Érguese o vento" e a visión do mundo das mulleres na cultura musulmá con "A segunda muller" do director austriaco de orixe turca Umut Dag. Esperamos poder proxectar en dous xoves as p...

Programación de outubro

10 de outubro Ás 21 horas Auditorio Municipal de Cangas Nebraska (EE.UU. 2013) Dirixida por Alexander Payne e protagonizada por Bruce Dern, Will forte e June Squibb. 24 de outubro Ás 21 horas Auditorio Municipal de Cangas   De tal pai, tal fillo (Xapón. 2013) Dirixida por Hirozaku Kore Eda e protagonizada por Masaharu Fukuyama, Machiko Ono, Yôko Maki, Rirî Furankî, Jun Fubuki, Shôgen Hwang, Kirin Kiki, Jun Kunimura, Megumi Morisaki.