A PARTE DOS ANXOS COMENTARIO de Julio Rodríguez Chico. La Butaca.com “A parte dos anxos” é unha entrañable comedia social na que Ken Loach deixa clara a súa aposta pola segunda oportunidade. Paul Branningan fai un gran papel cheo de frescura e espontaneidade. Resulta difícil imaxinar a Ken Loach facendo un cinema no que a perspectiva social non prevaleza ou onde os seus personaxes non pertenzan a clases desfavorecidas. En “A parte dos anxos” -Premio do Xurado en Cannes- non saímos dese universo de compromiso e marxinalidade, pero si varía o enfoque con que se achega ás distintas situacións. O ton de comedia e a súa óptica humanista imponse ao espírito reivindicativo doutros traballos, e a denuncia agre deixa paso a un tratamento amable dos problemas. Agora volvemos a Glasgow para seguirlle a pista a un cuarteto de mozos delincuentes que deben conmutar a súa pena con traballos comunitarios como medio de reinserción. Un deles é Robbie, que acaba de ter un bebé con Leonie e que ten...