AS NEVES DO KILIMANJARO (Les neiges du Kilimanjaro) Espiga de ouro na Seminci de Valladolid Premio do Público (Seminci de Valladolid) FRANCIA, 2011 - V.O.S.E. Dirección: Robert Guédiguian. Intérpretes: Ariane Ascaride (Marie-Claire), Jean-Pierre Darroussin (Michel), Gérard Meylan (Raoul), Marilyne Canto (Denise), Grégoire Leprince-Ringuet (Christophe), Anaïs Demoustier (Flo), Adrien Jolivet (Cilles). Guión: Robert Guédiguian e Jean-Louis Milesi; inspirado no poema “A xente pobre”, de Victor Hugo. Fotografía: Pierre Milon. Montaxe: Bernard Sasia. Vestiario: Juliette Chanaud. Duración: 107 min. SINOPSE A pesar de quedar sen traballo, Michel é feliz con Marie-Claire. Hai 30 anos que se aman. Os seus fillos e os seus netos mímanos. Teñen moi bos amigos. Séntense orgullosos das súas loitas políticas e sindicais. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero a súa felicidade romperase cando dous homes armados e enmascarados os ag...