LE HAVRE Dirección e guión: Aki Kaurismäki Intérpretes: André Wilms (Marcel Marx), Kati Outinen (Arletty), Jean-Pierre Darrousin (Monet), Blondin Miguel (Idrissa), Elina Salo (Claire), Evelyne Didi (Yvette). Fotografía: Timo Salminen. Montaxe: Timo Linnasalo. Produción: Aki Kaurismäki, Fabienne Vonier e Reinhard Brunding Duración: 93 min. SINOPSE Marcel Marx, escritor e coñecido bohemio, exiliouse na cidade de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente despois de adoptar o honrado -aínda que non moi proveitoso- oficio de limpabotas. Enterrou o soño de converterse nun recoñecido autor e vive felizmente dentro dun triángulo composto polo seu bar preferido, o seu traballo e a súa esposa Arletty. Pero o destino provoca que se atope cun inmigrante menor de idade chegado de África. Arletty cae enferma, e a Marcel non lle quedará máis remedio que alzarse unha vez máis ante o frío muro da indiferenza humana co seu optimismo e a solidariedade dos habitantes do bar...