LONDON RIVER Dirección: Rachib Bouchareb. Guión: Rachib Bouchareb, Zoé Galeron e Olivier Lorelle Intérpretes: Brenda Blethyn (Elisabeth), Sotigui Kouyaté (Ousmane), Francis Magee (Inspector 1), Sami Bouajila (Imam), Marc Bayilis (Edward) Fotografía: Jérôme Alméras. Produción: Marin Karmitz, Nathanaël Karmitz, Charles Gillibert e Angelo Barbagallo. Montaxe: Yannick Kergoat Música: Armand Amar Duración: 87 min. SINOPSE No mes de xullo de 2005 a capital inglesa sufriu unha serie de atentados de Al Qaeda que se saldaron cunha cincuentena de mortos. Neste marco sitúase a película de Rachid Bouchareb (director tamén de Days of glory): tras os atentados, Elisabeth Sommers, agricultora viúva, preocupada por non recibir noticias da súa filla Jane, que estuda en Londres, decide acudir persoalmente á cidade para ver como se atopa. Elisabeth descobre, sorprendida, que Jane vive nun barrio de inmigrantes e que comparte piso cun mozo africano chamado Alí. O seu camiño crúzas...