A PROPÓSITO DE ELLY (Irán) Dirección: Asghar Farhadi. Guión: Asghar Farhadi. Intérpretes: Golshifteh Farahani (Sepideh), Taraneh Alidousti (Elly), Mani Haghighi (Amir), Shahab Hosseini (Ahmad), Merila Zarei (Shohreh), Peyman Moadi (Peyman), Rana Azadivar (Nassi), Ahmad Mehranfar (Manouchehr), Saber Abar (Alireza). Fotografía: Hossein Jafarian. Duración: 118 min. SINOPSE Despois de residir durante anos en Alemaña, Ahmad decide pasar uns días en Irán, o seu país natal. Os seus antigos amigos e compañeiros de universidade organizan unha estancia de tres días a beiras do mar Caspio. Sepideh, unha muller de carácter alegre, ocúpase da organización. Sen consultar aos demais, decidiu convidar a Elly, a xove mestra da súa filla. Ahmad acaba de divorciarse dunha alemá e está a desexar refacer a súa vida cunha muller iraniana. Aos poucos, todos se decatan de que Sepideh convidou a Elly por unha razón, e empezan a fixarse nela e a gabar as súas múltiples calidades. O segundo día, cando...