SOÑOS DE MOCIDADE Dirección: Jan Svěrák. Guión: Zdeněk Svěrák. Intérpretes: Zdeněk Svěrák (Josef Tkaloun), Daniela Kolářová (Eliška), Tatiana Vilhelmová (Helenka), Jiři Macháček (Robert Landa), Pavel Landovský (Řezác), Jan Budař (Úlisný), Robin Soudek (Tomík), Nela Boudová (Ptácková), Miroslav Táborský (Šubrt).Producción: Fatih Akin, Klaus Maeck, Andreas Thiel, Sandra Harzer-Kux e Christian Kux. Producción: Jan Svěrák e Eric Abraham. Montaxe: Alois Fišárek. Fotografía: Vladimír Smutný. Música: Ondřej Soukup. Duración: 100 min. SINOPSE Josef (Zdenek Sverák) é un profesor de Literatura de secundaria que, ao darse conta un día de que xa non entende aos seus alumnos, abandona de inmediato o ensino. Isto supón un duro golpe para Eliška (Daniela Kolářová) a súa muller desde hai trinta anos, que agora ten ao seu irritable e rosmón compañeiro na casa todo o día. Con todo, Josef pensa que aínda ten moito que achegar á sociedade e que debería conseguir outro traballo. Ningún dos seus inte...