The visitor
Dirección: Tom McCarthy
Guión: Tom McCarthy
Reparto: Richard Jenkins, Haaz Sleiman, Danai Jekesai Gurira, Hiam Abbass, Marian Seldes, Maggie Moore, Michael Cumpsy, Bill McHenry, Richard Kind Montaxe: Tom McArdle
Música: Jan A.P. Kaczmarek
Duración: 108 min. SINOPSE Walter Vale, de sesenta e dous anos, camiña como sonámbulo pola súa propia vida. Perdida a súa paixón por ensinar e escribir, enche o seu baleiro existencial tentando infructuosamente aprender a tocar o piano clásico. Cando a súa Universidade o envía a Manhattan para asistir a unha conferencia, Walter queda sorprendido ao descubrir que unha parella nova se instalou no seu apartamento. Vítimas dunha estafa inmobiliaria, Tarek, de nacionalidade siria, e Zainab, a súa noiva senegalesa, non teñen onde ir. Na primeira dunha serie de probas para o seu corazón, Walter permite de mala gana que a parella quede con el. Durante os seguintes dias, desenvólvese lentamente unha amizade entre ...