Ir al contenido principal

Proxección do venres, 14 de febreiro

MUD
EE.UU. 2012

 Dirección e guión: Jeff Nichols.
Intérpretes: Matthew McConaughey (Mud), Reese
Witherspoon (Juniper), Sarah Paulson (Mary Lee), Tye
Sheridan (Ellis), Michael Shannon (Galen), Sam Shepard(Tom), Jacob Lofland (Neckbone).
Fotografía: Adam Stone.
Montaxe: Julie Monroe.
Música: David Wingo.
Duración: 130 min.

SIPNOSE
Ellis e Neckbone, de 14 anos, atópanse cun home refuxiado nunha illa no medio do Misisipi. Trátase de Mud: cun dente menos, unha serpe tatuada no brazo, unha pistola e unha camisa que lle dá sorte. Mud é tamén un home que cre no amor, algo no que Ellis necesita crer desesperadamente para tentar esquecer as tensións diarias entre os seus pais. Mud pide axuda aos dous adolescentes para reparar un barco que lle permitirá abandonar a illa. Con todo, para os raparigos resulta difícil discernir o verdadeiro do falso nas palabras de Mud. Matou realmente un home? Perségueo a xustiza, os cazarrecompensas? E doutra banda, quen é a moza misteriosa que acaba de desembarcar na súa viliña de Arkansas?

Dentro dun fascinante subxénero tan especificamente americano, o sureño gótico -que deu obras mestras como Foise co vento (1939), A noite do cazador (1955), De súpeto, o último verán (1959), A noite da iguana (1964) ou máis recentemente, O mozo do xornal ou Django encadeado- a película recrea os personaxes ao xeito de Tom Sawyer e Huckleberry Finn. Pero o autor engade, para redondear a súa historia nada orixinal (pero contada maxistralmente) e convertela nunha xoia, o paso da adolescencia á madurez, e unha xustificación (o máis interesante e válido da película): o único que merece a pena é o amor ou, polo menos, a súa procura.
 
Carlos Boyero (El País):
Nichols describe admirablemente a fascinación destes rapaces cara ao perigo descoñecido, eses camiños iniciáticos nos que a confusión vai acompañada de valentía, nos que os desenganos e as ilusións se viven con intensidade nas súas luces e nas súas sombras. A súa cámara móvese coa sinxela
complexidade dos clásicos, os actores, novos e vellos, transmiten matices e autenticidade, todo respira nesta preciosa película. E o público ovacionouna. Está na tradición do mellor cine americano.

Comentarios