30/12/10

Programación pechada para o 1º trimestre de 2011

O 14 de xaneiro comeza un novo ciclo de proxeccións. Etará composto por 6 películas de nacionalidades moi diversas. Temos unha película alemana, outra iraniana, outra xaponesa, dúas francesas e unha estadounidense

  • 14 de xaneiro
  • AIR DOLL de Kore-Eda 

  • 28 de xaneiro
  • A PROPÓSITO DE ELLY de Darbareye Elly

  • 11 de febreiro
  • TWO LOVERS de James Gray

  • 25 de febreiro
  • ENTRE NÓS de Maren Ade (Gran Premio do xurado á mellor película e Oso de prta á mellor actriz na Berlinale 2009

  • 11 de marzo
  • ASCENSOR PARA O CADALSO de Louis Malle

  • 25 de marzo
  • UN PROFETA de Jacques Audiard

07/12/10

Proxección do 10 de decembro. TULPAN

Lembra. O XOVES temos curtas de animacn



Dirección: Sergey Dvortsevoy.
Guión:  Sergey Dvortsevoy e Gennady Ostrovskiy.
Intérpretes: Askhat Kuchinchirekov (Asa), Samal Yeslyamova (Samal), Ondasyn Besikbasov (Ondas), Tulepbergen Baisakalov (Boni), Bereke Turganbayev (Beke), Nurzhigit Zhapabayev (Nuka).
Fotografía: Jola Dylewska.
Música: .
Duración: 100 min.
Festival de Cannes 2008. Premio Un certain regard.
Festival de Xixón 2008. Premio Mellor Director.
Festival de Montreal 2008. Premio Mellor Película 
 

 
Tras finalizar o seu servizo militar na armada, Asa, un mozo, disponse a regresar ao seu lugar de nacemento na agreste estepa de Kazajistán. Alí vive a súa irmá mais vella co seu marido, dedicados á única ocupación posible naquel lugar: os rabaños de ovellas. Daqueles aprende que, se quere dedicarse ao gando e ter a súa propia gandaría, vai ter que atopar muller. O problema é que as mozas solteiras non abundan na zona. Tulpan, a filla doutra familia de pastores, parece ser a única candidata posible pero ela ten outros plans. Quere abandonar o campo para poder estudar e atopa a escusa perfecta para rexeitar a Asa ante os seus pais: ten as orellas moi grandes. De todos os xeitos, Asa non vai renderse tan facilmente e, coa colaboración do seu amigo Boni, esforzarase en demostrar a todo o mundo que pode ser un bo pastor e un adecuado pretendente para Tulpan.

Animación con plastilina

06/12/10

CINEMAS DIXITAIS

Os rpóximos días 9 e 14 de decembro, programaranse unha serie de cortos de animación dentro do programa de CINEMAS DIXITAIS da Axencia galega do audiovisual.
A proxección do xoves está centrada na animación con plastilina e conta con destacadas producións que acadaron certa relevancia, como as de Etcheverri. A do 14 está composta por animacións empregando técnicas experimentais.
Ademais, o venres día 10 teremos a proxección de TULPAN.


XOVES, 9 DE DECEMBRO
Modelando con pegadas. Animación con plastilina


A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO
Director: Juan P. Etcheberry 

Xénero: Fantástico
Modalidade: Animación
Duración: 10 min
Ano de produción: 2006
Idioma: Galego


ALEGRIAS DE PUERTA TIERRA
Director: V. Curiá , T. Conde
Xénero: Musical
Modalidade: Animación
Duración: 3 min
Ano de produción: 1994


CADERNO DE BITACORA
Directores: V. Curiá, T. Conde
Xénero: Aventuras
Modalidade: Animación
Duración: 9 min
Ano de produción: 1997


LEO
Director: Fernando Cortizo
Xénero: Drama
Modalidade: Animación
Duración: 10 min
Ano de produción: 2007
Idioma: Galego


MINOTAUROMAQUIA
Director: Juan P. Etcheberry
Xénero: Experimental
Modalidade: Animación
Duración: 11 min
Ano de produción: 2003
Idioma: Galego